Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 130 directivos de empresas galegas participan hoxe no Innovation Big Date de APD
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 130 directivos de empresas galegas participan hoxe no Innovation Big Date de APD

S. P.
Publicado: 18/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apd_innovation_big_date_santiago_apd.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración coa Xunta, o Círculo de Empresarios e Nordés Club Empresarial baixo o programa de Capacita Directivos, celebran este martes 18 de xuño, no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago, o evento Innovation Big Date.
Trátase dun punto de encontro para directivos e profesionais arredor da innovación como “o motor do cambio da sociedade e as empresas”, segundo informou APD, que engade que a xornada comezará coa inauguración da directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Covadonga Toca; e continuará con varias conversas sobre transformación.
Intervirán Orlando Vergara, executivo, mentor e autor do libro Ecosystems Leaders Mindset; Javier Sesma, vicepresidente de Desenvolvemento de Negocio de TK Elevator; Iñigo Ezquerra, director de Innovación Aberta de Arcelormittal; Norberto Penedo, director da área de Competitividade do IGAPE e Ana Sánchez, directora da zona noroeste de APD.
Ademais, o encontro contará con dúas mesas redondas con profesionais provenientes de empresas galegas, como Lucía Sánchez, xestora de proxectos de innovación de Hijos de Rivera; Pedro Arenas, director de Desenvolvemento Corporativo de CEAMSA e Karolina Iwanowicz, coordinadora de innovación de Kaleido Ideas.
Este encontro, organizado por APD, atópase dentro do programa Capacita Directivos, que se organiza coa Xunta de Galicia e a colaboración do Círculo de Empresarios de Galicia e Nordés Club Empresarial.
Calcúlase que participarán máis de 130 directivos de empresas galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?