Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ednon e Fortinet, distinguidas co Premio 16 Aniversario do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ednon e Fortinet, distinguidas co Premio 16 Aniversario do CPEIG

S. P.
Publicado: 18/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ednon_oficina_santiago_entrada_exterior_i.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio 16 Aniversario CPEIG da XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia de 2024 ás empresas tecnolóxicas Ednon e Fortinet polo “seu constante apoio e colaboración como patrocinadores desde practicamente o nacemento da Noite, garantindo así a súa celebración durante estes dezaseis anos”.
Ednon é unha empresa experta en servizos de tecnoloxías e sistemas de información, formada por persoas con coñecementos avanzados en tecnoloxías de sistemas, comunicacións, ciberseguridade e analítica do dato, con sedes en Santiago, Vigo, Madrid e Sevilla. Celebra este ano o seu vixésimo aniversario como empresa cos mellores resultados de facturación e rendibilidade cifrados en 2023.
A compañía Ednon está organizada en catro liñas de negocio para prestar servizos a medianas e grandes contas no territorio estatal. Manteñen alianzas coas principais tecnoloxías e fabricantes de cada área de negocio que contan cun director de Desenvolvemento de Negocio e o seu director de Operacións con estruturas independentes, pero traballando en sinerxía co resto de áreas.
A área de Infraestrutura de Ednon é a de maior facturación, con importantes despregaduras en proxectos de comunicacións e sistemas en grandes contas da administración pública, banca e sector privado. Por outra parte, a área de analítica de datos é a de maior rendibilidade, sendo referente estatal nos sectores da xustiza, emprego e sanidade. E a área de ciberseguridade é a de maior crecemento este ano, coas máis altas certificacións estatais e europeas e formando parte da rede SOCs nivel Oro, CSIRT.es e Trusted Introducer como grupo acreditado.
fortinet.jpg Pola súa banda, Fortinet, é líder global en ciberseguridade que impulsa a converxencia de redes e seguridade, recibe tamén este recoñecemento. Ao longo destes 16 anos de colaboración co CPEIG, Fortinet participou activamente nas diversas actividades promovidas polo Colexio, como as reunións de enxeñeiros en informática que organiza de forma regular a entidade colexial nas que se comparten coñecementos e tendencias no ámbito tecnolóxico. O director xeral de Ednon, Javier Atán, e o director de vendas de Fortinet España, Jesús Varela, recollerán o galardón na XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?