Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os tesouros da Montaña de Lugo móstranse ao mundo nunha serie de arquivos sonoros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os tesouros da Montaña de Lugo móstranse ao mundo nunha serie de arquivos sonoros

S. P.
Publicado: 18/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

viaxes_sonoras_deputacion_de_lugo_180624_presentacion_andares.jpgPilar García Porto, responsable de Réxime Interior da Deputación de Lugo, presentou no Centro de Interpretación de Terras do Miño un proxecto ao que a institución provincial achega 10.000€ para promocionar o patrimonio dos Ancares a través dunha serie de seis viaxes sonoras. Baixo o título Os Andares, esta iniciativa consiste en diferentes pezas en formato de docuficción que propoñen un percorrido polos concellos que conforman a comarca da Montaña.
Participaron tamén na presentación os representantes do colectivo Galiza Emocional que impulsa este proxecto; os directores artísticos da iniciativa, José Díaz e Iria Azevedo; e os alcaldes de Navia de Suarna, José Fernández, de Baralla, Miguel González, e das Nogais, Jesús Núñez.
Os diferentes sons desta serie poden escoitarse xa de xeito gratuíto na páxina web osandares.com, que conta con paradas na Pobra de Navia (Navia de Suarna), Penarrubia (Baralla), Torés (As Nogais), Castro de Santa María (Cervantes), Os Grobos (Becerreá) e Lagoa Maior (Pedrafita do Cebreiro).
Estas viaxes sonoras son pezas de arte inmersiva ao aire libre e están contadas por actores e actrices que interpretan diferentes personaxes; o seu discurso altérnase con intervencións en primeira persoa dos veciños e veciñas que viven no territorio. “Emoción e divulgación, nunhas pezas que se nutren de contidos do patrimonio cultural, artístico, natural, histórico, sociolóxico, sentimental e cotiá”, valoraron os autores, engadindo que cada capítulo ten unha duración de entre 32 e 47 minutos e ofrece anacos de historia e arquitectura das diferentes localizacións, recollendo ademais as lembranzas e emocións das persoas que habitan e habitaron estes concellos e facendo compilación tamén da súa tradición oral, músicas e acervo cultural.
Explicaron os creadores de Os Andares que “non é necesario seguir unha orde concreta para desfrutalos, o realmente importante é fomentar a participación activa das persoas que escoitan, máis aló do paseo, a observación e a escoita”.
Os capítulos están dispoñibles en galego, castelán e inglés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?