Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo de Galicia pon o foco nas redes sociais na súa nova campaña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo de Galicia pon o foco nas redes sociais na súa nova campaña

S. P.
Publicado: 18/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rrss_cama-1200x630_fb_tw.jpgTurismo de Galicia lanzou esta semana a actualización da campaña de promoción do destino que se pode ver xa en distintos soportes audiovisuais e gráficos e que actualiza a mensaxe para a temporada estival baixo o lema Pídeche Galicia. A renovación da campaña presenta a nosa terra como un “lugar sostible”, con importantes recursos naturais e culturais e “perfecto para desconectar”. A intención da Xunta é chega aos mercados nacionais e tamén internacionais que están sendo especialmente estratéxicos para Galicia como EEUU, Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia ou Alemaña.
Turismo de Galicia explica que “a campaña deste ano representa distintas situacións do día a día e, despois de ter como protagonistas unha oficina e un sofá nos meses anteriores, este verán a protagonista é unha cama que aparece descontextualizada no medio dun espazo natural; quérese plasmar deste xeito que os protagonistas teñen na cabeza unha vía de escape e desconexión en Galicia mentres están a realizar algunha tarefa cotiá”.
No eido nacional, a campaña de Turismo de Galicia actuará na Comunidade galega para estimular o turismo interno e tamén no conxunto de España con especial incidencia en zonas estratéxicas como Madrid, Euskadi, Asturias e Castela León. En termos de audiencia estímase que chegue a máis da metade da poboación española, que terá ocasión de ver os anuncios un promedio de tres veces. Nas comunidades limítrofes a Galicia ou de interese estratéxico a porcentaxe ascenderá ao 80% da súa poboación, que poderá ver os anuncios un promedio de seis veces.
Turismo de Galicia explica que o obxectivo é que campaña teña “tamén importante presenza internacional no eido dixital, a través de banners publicitarios e anuncios en medios de información, redes sociais e axencias de turismo en liña na procura de que a campaña obteña un impacto directo no incremento do número de turistas que visitan a nosa comunidade”. O obxectivo é “seguir afondando en mercados que están a ser especialmente estratéxicos para Galicia, tendo moi en conta que o internacional supón xa o 30% do turismo que chega á Comunidade e está a rexistrar importantes incrementos”. Traballarase, polo tanto, en mercados como EEUU e mercados europeos como Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia ou Alemaña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?