Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC entrega os seus premios anuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC entrega os seus premios anuais

S. P.
Publicado: 19/06/2024
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

0premiados_ragc.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou no serán deste 19 de xuño, no Pazo de San Roque de Santiago, o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas (convocados coa colaboración da Axencia Galega de Innovación, GAIN) e o Premio de Divulgación Científica 2024.
O evento contou coa asistencia do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; a vicerreitora de Política Científica da Universidade de Santiago, Pilar Bermejo; e o presidente da RAGC, Juan Lema. Acudiron ademais a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC, Ana Isabel Ares; o director de Augas de Galicia, Roi Fernández; Elena Vázquez Cendón, conselleira do Consello da Cultura Galega; entre outras autoridades e representantes do eido científico, cultural e académico da nosa comunidade.
Na súa intervención, o presidente da RAGC indicou que “os Premios á Transferencia de Tecnoloxía representan a mellor investigación aplicada que se fai en Galicia, tratando non só de desenvolver ciencia, senón tamén de aplicala para resolver problemas da sociedade”.
En relación ao Premio de Divulgación Científica, salientou que a Academia busca “recoñecer a investigadores e investigadoras destacados que se esforzan por fomentar as vocacións científicas e potenciar o aprecio da ciencia entre a poboación, dando a coñecer así mesmo os avances acadados en diferentes eidos”. Por último, apuntou que co Premio de Xornalismo preténdese recoñecer a transmisión dos valores da ciencia á sociedade.
Materiais para sistemas de refrixeración e calefacción máis seguros e eficientes
Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia comprenden dúas categorías, premiadas con 5.000 euros cada unha. O Prremio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada recaeu no proxecto de desenvolvemento de novos refrixerantes baseados en materiais sólidos (en lugar de gases) para sistemas de refrixeración e calefacción que axuden a reducir os gases de efecto invernadoiro e sexan máis seguros e económicos, contribuíndo á eficiencia enerxética. É un proxecto de investigadores do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña, liderados por María Antonia Señarís. Algúns dos materiais desenvoltos polo equipo xa están protexidos por unha patente.
A investigadora agradeceu á Academia este galardón: “É para nós unha enorme alegría, satisfacción e honra recibir este prestixioso premio da RAGC e a Axencia Galega de Innovación. Recoñécense os esforzos realizados nos últimos anos polo noso equipo multidisciplinar, formado por químicos especializados en estado sólido, materiais e propiedades térmicas, xunto a enxeñeiros expertos en eficiencia enerxética, todos da Universidade da Coruña”.
Un fertilizante extraído das augas residuais
O Premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía foi para o Grupo de Biotecnoloxía Ambiental do CRETUS -Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais- e da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago. O equipo, coordinado por Juan Manuel Garrido, e no que tamén participou Dafne Crutchik, profesora da Universidad Adolfo Ibañez de Santiago de Chile, desenvolveu un procedemento para a recuperación de fósforo en augas residuais. O investigador salienta que “a lexislación obriga a eliminalo nas estacións depuradoras pero é posible recuperalo e reutilizalo como substancia útil. Dentro dos compoñentes do fósforo destaca a estruvita, con elevado poder fertilizante para a agricultura”. Esta novidosa tecnoloxía, protexida por unha patente española e outra europea, transferiuse á empresa española Aqualia, que a ten implantada na EDAR de Guillarei (Tui, Pontevedra) e na de Jerez de la Frontera (Cádiz).
“É toda unha honra para o noso equipo recibir o Premio Fernando Calvet Prats, que recibe o seu nome dun dos catedráticos de Química Orgánica da Universidade de Santiago que tiveron máis implicación no desenvolvemento científico e económico tanto de Galicia como de España”, manifestou Garrido.
Sandra Penelas: “É importante concienciar da importancia que ten a investigación para o noso benestar e para conservar o noso planeta”
Entregouse tamén o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, que foi para a reportaxe La UVigo ensaya cómo reducir la corrosión mediante la impresión 3D de hormigón de Sandra Penelas, publicada en Faro de Vigo. Afonda nun proxecto de enxeñeiras da Universidade de Vigo que avalía de forma pioneira os beneficios da impresión 3D de formigón. A xornalista recibiu unha dotación de 3.000 euros.
Na súa intervención, a galardoada salientou: “Para min é unha honra recibir este Premio da RAGC. Penso que o xornalismo científico é imprescindible na sociedade actual para dar a coñecer o traballo que desenvolven as nosas investigadoras e investigadores e concienciar aos cidadáns da importancia que ten a investigación para o noso benestar, o de agora e o do futuro, e para conservar este planeta no que vivimos”.
Ademais, outorgouse un accésit á reportaxe La élite alimentaria capta 2,5 millones en un año desde Ourense de Elisabet Fernández, publicada en La Región. “É unha honra recibir un recoñecemento coma este e que a ciencia feita no Campus de Ourense se poña en valor. Este premio dáme alento para seguir contando historias que merecen a pena. Creo que é importante que a xente saiba que os esforzos dos científicos ourensáns están na elite mundial da innovación; ou que as campañas que as investigadoras poñen en marcha para que as nenas vexan na ciencia unha saída teñen resultados moi positivos”, salientou.
Premio de Divulgación Científica para a matemática da USC Elena Vázquez
O Premio RAGC de Divulgación Científica 2024 foi para Elena Vázquez Abal, catedrática da Universidade de Santiago na área de Xeometría e Topoloxía, que desenvolve unha destacada actividade organizando exposicións, ciclos de conferencias, obradoiros sobre divulgación matemática, concursos fotográficos e audiovisuais, xunto a iniciativas para alumnado e profesorado de Secundaria. “Agardo que este premio sirva para que a comunidade científica galega tome consciencia desta última fase da nosa misión como investigadoras e investigadores: a posta en valor do que facemos, achegando os nosos avances á sociedade, dun xeito ameno e próximo, porque só así seremos quen de gañar o respecto de quen sustenta o sistema” -declarou-.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?