Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense aproba o primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais de toda España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense aproba o primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais de toda España

S. P.
Publicado: 20/06/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

240620_web_turespana_deputacion_ourense.jpgA Deputación de Ourense vén de aprobar o que sería “o primeiro Programa de Termalismo para Nómades Dixitais de toda España”, informaron fontes da institución provincial, engadindo que o programa abrangue estadías termais de entre 10 e 30 días en réxime de pensión completa, con acceso a Internet de alta velocidade, así como 10 técnicas termais e posibilidade de revisión médica.
As persoas beneficiarias deben ter un traballo acreditado e baseado no uso da Rede, as prazas poderanse obter en tempo real a través de Internet desde o día seguinte ao da publicación das bases da convocatoria no BOP.
Desde a área de Benestar recoñecen atoparse traballando cunha multinacional operadora de telecomunicacións para que sexa a entidade colaboradora no proxecto. A formulación é que a operadora garanta a conexión de alta velocidade nos establecementos termais e nas súas contorna, así como que se implique na visibilidade da iniciativa a través de diferentes fórmulas de promoción e difusión que se están analizando.
Recentemente, Luis Menor reuniuse con Turespaña a través de Álvaro Blanco, director da Oficina de Turismo de España en Berlín. Na reunión, o presidente da Deputación de Ourense expuxo o proxecto, así como diferentes posibilidades de colaboración, atopando unha gran disposición para iso. Unha das posibilidades que se van a estudar é organizar unha reunión na Embaixada de España en Berlín para presentar o proxecto a nómades que actualmente estean na capital do país, así como a teletraballadores residentes en Alemaña
O presidente provincial, Luis Menor, que xa avanzara este proxecto durante a súa intervención no XVII Encontro e Asemblea da Rede de Vilas Termais da FEMP, organismo que preside durante o presente mandato, recalcou que “estamos ante unha innovación máis que desenvolvemos na Deputación para captar un público diverso á nosa provincia”.
O concepto
O concepto de nómade dixital foi utilizado por primeira vez en 1997 para designar un novo modo de vida no que, grazas aos avances tecnolóxicos, os profesionais traballarían en calquera lugar e en calquera momento. Actualmente, este termo popularizouse para describir a quen traballa de maneira remota e sen estar limitados por unha localización xeográfica fixa. España está entre os tres destinos preferidos para moitos dos 35 millóns de nómades dixitais que hai no mundo.
Entre os beneficios do traballo remoto atópanse a flexibilidade horaria e xeográfica, o aforro de tempo e diñeiro ou o incremento na capacidade de concentración no traballo. Actualmente, a maior parte dos nómades dixitais son autónomos (83%). Deles, o 66% son propietarios de negocios, mentres que o 34% traballan como freelance.
Precisamente, a formulación da Deputación de Ourense é configurar un programa para que os balnearios da provincia poidan captar este tipo de perfís profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?