Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Roberto Rodríguez (Dathum): “Os datos permiten tomar as decisións máis óptimas na xestión das persoas”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Roberto Rodríguez (Dathum): “Os datos permiten tomar as decisións máis óptimas na xestión das persoas”

S. P.
Publicado: 20/06/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ciencia_datos_vitae_dathum_optare-2.jpgA Cidade das TIC da Coruña vai acoller o 28 de xuño, en horario de 12.00 a 13.45 horas, un evento formativo gratuíto de gran interese para as empresas e os profesionais dos sectores innovadores: a xornada Ciencia de Datos e comportamento humano aplicados á xestión das persoas. A cita vén da man das empresas Vitae Consultores, Optare Solutions e Dathum. Para coñecer algo máis dos contidos e obxectivos desta xornada puidemos falar con Roberto Rodríguez, director executvio (CEO) de Dathum, un dos relatores da sesión formativa xunto con Marcos Carbonell (Vitae) e Luis Sestelo (Optare). Segundo explica, o abano de posibilidades da Ciencia de Datos nas empresas é amplo e diverso: permiten ás empresas tomar as decisións máis óptimas en cuestión de perfís, mellorar o negocio e ser máis sustentables e éticas.

roberto_rodriguez_dathum_vitae.jpg -Roberto, vas a impartir xunto con Marcos Carbonell e Luis Sestelo, na Cidade das TIC, unha actividade formativa centrada na ciencia de datos e na xestión de persoas. Cales son as liñas básicas desta xornada? Por que cres que pode ser relevantes para os profesionais das novas tecnoloxías e da innovación en xeral?
-A idea é comentar todo o que estamos a facer no ámbito da algoritmia aplicada á xestión de persoas e á medición do seu impacto no negocio. O obxectivo do noso traballo é a creación e o desenvolvemento de toda unha metodoloxía que nos permita darlle un enqie 100% científico a este campo que se foi quedando atrás a nivel de sofisiticación nas organizacións. Ademais o papel de todo isto no mundo da tecnoloxía é fundamental. As empresas que traballan con estes perfís son conscientes da complexidade de que estas persoas atopen sentido ao seu traballo ao longo do tempo. Na sesión poderemos ver como medir isto, como tomar decisións obxectivas baseados en modelos preditivos que capacitan ás empresas para saber que lle podería pasar a unha persoa nun determinado contexto.

-Polo tanto, a Ciencia de Datos será por así dicilo o quid da cuestión desta xornada: as súas aplicacións para mellorar a xestión de persoas nunha empresa. Dános algún exemplo concreto de como pode contribuír a Ciencia de Datos ao día a día da xestión profesional, á fichaxe de talentos, á organización de grupos e equipos, etc…
-Basicamente os datos permitirannos tomar as decisións máis óptimas no tempo para encaixar aos perfís de cada persoa co contexto máis adecuado, pero sobre todo permitirannos medir o impacto de todo isto en parámetros de negocio. Na sesión veremos por exemplo o impacto que ten o compromiso no EBITDA das empresas que se dedican a este tipo de actividades.

roberto_rodriguez_dathum_2.jpg-Outra das cuestións clave do curso serán as posibilidades que introduce neste ámbito a aplicación Dathum, da que es un gran coñecedor. Como funciona e que vantaxes pon en xogo?
-Funciona dunha maneira moi sinxela, respectando o tempo e a confidencialidade do empregado, empoderando aos xestores para facer mellor o seu traballo e axudando a entender ás empresas como construír contornas humanamente sostibles… e todo iso cun claro enfoque en modelos éticos que potencien a estes catro interlocutores: empregado, sociedade, xestores e compañías.

-Ten potencial para facer algo tan simple é á vez tan complexo como espertar a motivación e a ilusión dos nosos equipos de traballo?
–Por suposto, pero isto faino desde a xeración de datos, información e coñecemento para xestores e membros dos equipos. É aí onde reside a clave. Achegar solucións sinxelas, rastrexables no tempo e cunha base 100% científica. O obxectivo é descentralizar a xestión de persoas a quen realmente realiza este rol, do mesmo xeito que dotamos aos xestores de datos financeiros, operativos, comerciais,… para que fagan mellor o seu traballo, é vital que os dotemos de datos con moita calidade para xestionar ás persoas de maneira adecuada

-É verdade que tamén nos pode axudar a predicir comportamentos e evitar futuros problemas estruturais ou de comunicación nos equipos profesionais que precisamos formar?
–O desenvolvemento de todos os modelos cos que traballamos habilitan ás compañías con esa capa de analítica preditiva, pero non quedamos aí, por enriba de todo iso desenvolvemos unha capa prescriptiva que nos permite achegar solucións a esas predicións para evitar escenarios futuros indesexables.

-Cres que ferramentas como Dathum marcan o camiño a seguir da xestión empresarial?
-Sen dúbida. O obxectivo é xerar un estándar de mercado que permita aprender e comparar en todo tipo de compañías e culturas a nivel mundial. Estes modelos habilítannos para que, nun futuro moi próximo, poidamos empezar a desenvolver redes neurais que xeren unha aprendizaxe exponencial, redundando en contornas laborais perfectamente adaptadas ás características dos equipos. Sen dúbida, aí reside a rendibilidade do futuro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?