Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inés Rey fai un chamamento a incrementar a presenza da muller no ámbito da informática
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inés Rey fai un chamamento a incrementar a presenza da muller no ámbito da informática

S. P.
Publicado: 21/06/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

congreso_espanol_informatica_coruna_ines_rey.jpgA alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou esta semana a necesidade de incorporar a máis mulleres no grao de Enxeñaría en Informática e visualizar e mostrar as importantes contribucións femininas á revolución dixital. Así se expresou no marco do VII Congreso Nacional de Informática que se celebra na Coruña ata hoxe.
Rey avogou así por incorporar a máis mulleres no grao de Enxeñaría Informática, onde a fenda na taxa de matriculación entre mulleres e homes é este curso do 82%. “A matriculación feminina no grao de Enxeñería Informática pasou de estar no 10% histórico a situarse este curso no 18%, case o dobre, pero para unha sociedade onde as mulleres somos un pouco máis da metade da poboación segue sendo pouco”, explicou a alcaldesa. Lembrou que non é algo exclusivo do ámbito científico e chamou a sumar esforzos para que as mulleres sexan cada vez máis nas ramas STEM, siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática. “A ciencia necesita ser cada vez máis innovadora pero tamén máis diversa e paritaria”, dixo.
A rexedora explicou aos congresistas a vinculación histórica da Coruña coa ciencia a través da rede de Museos Científicos ou o MUNCYT, xunto coa Universidade da Coruña: “Cando en ningún outro sitio de Galicia se podía estudarIinformática, A Coruña recibía aos primeiros alumnos e alumnas na súa facultade, do mesmo xeito que agora recibe a alumnado de Nanotecnoloxía, Enxeñaría de Datos ou Intelixencia Artificial”, sinalou. Ademais, Rey situou a posta en marcha da AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) como “proxecto estratéxico para consolidar o liderado da Coruña no sector das novas tecnoloxías, froito do puxante ecosistema empresarial e académico da cidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?