Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A alfabetización dixital dos maiores e a ciberseguridade, presentes no Campus do Saber de Noia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A alfabetización dixital dos maiores e a ciberseguridade, presentes no Campus do Saber de Noia

S. P.
Publicado: 26/07/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

campus_emprendemento_saber_noia.jpgNoia vai acoller en agosto novas actividades formativas do seu Campus do Emprendemento e do Saber, unha iniciativa de ensino para persoas maiores impulsada por FUNDEHSGA e o Concello noiés (co apoio das tres universidades galegas e a Xunta) que este verán (dende xullo) incluíu cursos sobre as funcións básicas do cerebro, sobre saúde dixital para persoas maiores (destinado a garantir as navegacións seguras das persoas maiores e impartido por Guillermo Cánovas, director de EducaLike) ou sobre os 40 anos de autonomía galega, entre outras cuestións.
A esta axenda cómpre engadir en agosto tres novas xornadas do Campus do Emprendemento e do Saber. Abordarán a literatura e os medios de comunicación en Galicia, a saúde mental e o deporte e os novos desafíos en materia de protección tecnolóxica contra os ataques e as principais ameazas.
No primeiro curso, previsto para o sábado tres de agosto, analizarase a Literatura e os medios de comunicación na Galicia de hoxe, o 3 de agosto ás 10.00 horas, da man do profesor da USC Armando Requeixo.
O martes 13 será a quenda da Saúde mental e o deporte, que inclúe varios relatorios e unha mesa redonda na que, ademais do director do curso, Joaquín Dosil participará o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, e demais relatores.
A axenda remata o día 20 cun curso sobre os Novos retos e avances en ciberseguridade da man de Luis Alamancos, director do gabinete especializado en dereito tecnolóxico Inpeval, a partir das 10.00 horas.
Todas estas actividades desenvolveranse no Casino de Noia.
As persoas interesadas en participar en calquera destas xornadas poden inscribirse a través do enderezo educacionnoia@gmail.com.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?