Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destina 12,5 millóns a incrementar e mellorar o material informático das aulas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destina 12,5 millóns a incrementar e mellorar o material informático das aulas

S. P.
Publicado: 05/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado_xenerica_ordenador_computador.jpgA Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), destinará 12,57 millóns de euros a equipamentos informáticos para centros educativos no marco do proxecto Abalar-EDixgal. Segundo explicou a axencia, “esta actuación permitirá mellorar e actualizar e educación dixital con novas impresoras láser, armarios de carga de equipos portátiles, servidores do sistema Abalar, computadores de sobremesa avanzados e dispositivos de carga”.
Cada un deste lotes contará cun provedor, ao que se poderá recorrer a través de contratos derivados durante os vindeiros tres anos, en función das necesidades.
En concreto, o acordo marco permitirá a adquisición de 500 impresoras multifunción láser; 500 armarios para almacenar e cargar un mínimo de 30 ordenadores portátiles; 500 servidores para os sistemas de Abalar; 2.000 ordenadores de sobremesa avanzados e 20.000 dispositivos de carga USB.
Estes equipamentos forman parte do modelo de educación dixital de Galicia, que avanza cara á dixitalización de todas as aulas, dende Educación Infantil ata 2º de Bacharelato, Formación e as ensinanzas de réxime especial. Estas aulas contan con paneis dixitais interactivos e un ordenador.
O proxecto Abalar, que se iniciou en 2010, actúa en catro eixos: as infraestruturas e equipamentos nos centros (no que se integra este acordo marco); a formación e fomento da cultura dixital; os contidos educativos dixitais e a participación e colaboración.
O acordo tamén complementará e apoiará o proxecto de educación dixital E-Dixgal. Este proxecto foi adoptado xa por 630 centros que o solicitaron mediante acordo do Consello Escolar. Está a ser usado por máis de 64.000 escolares e 10.500 docentes. Na actualidade está en marcha unha nova licitación de tres lotes de contidos educativos dixitais para o proxecto E-Dixgal, cun investimento anual de máis de dous millóns de euros.
O modelo de educación dixital de Galicia inclúe a dotación dos centros con internet de alta velocidade e con redes Wi-Fi en todas as instalacións docentes. Na actualidade hai cerca de 1.300 centros con conexión de 1Gbps. Os centros contan con máis de 5.500 puntos de acceso Wi-Fi.
Por outra banda, a aplicación abalarMóbil tivo en 2023 en torno a 38 millóns de acceso, tres millóns máis que en 2022. A aplicación acumula unhas 440.000 persoas usuarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?