Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Filoloxía da USC lanza unha web para facilitar a restitución dos apelidos galegos ás súas formas orixinais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Filoloxía da USC lanza unha web para facilitar a restitución dos apelidos galegos ás súas formas orixinais

S. P.
Publicado: 14/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

filoloxia_usc_apelidos.jpgEntroncando coa iniciativa presentada os días pasados pola Real Academia Galega (un recurso en liña para saber a versión correcta e non deturpada dos nosos apelidos con vistas a restituír as versións orixinais), a Facultade de Filoloxía da USC elaborou unha web con toda a información necesaria para facelo. Foi presentada este xoves 13 de febreiro polo vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo; a vicedecana da Facultade, Elsa González Álvarez, e a catedrática e académica da RAG Ana Boullón.
Deturpacións estendidas e variadas
Na presentación fíxose saber que a maioría dos apelidos de Galicia teñen orixe en nomes de lugar (Piñeiro, Carballedo, Souto, Maceira, Caxade, Seixo, Castro, Vilar, Dopazo, Dacosta, Dafonte, Carreira, Coruña, Viaño, Ribeiro, Saiáns, Laxe, Quintas, Outeiro, Goiáns, Carrodéguas…), de persoa (Rodríguez, López, González, Estévez, Lois, Lourenzo, …) ou en nomes que reflicten características dalgún tipo (Louzao, Rubio, Rouco, Calvo, Mouriño, Pita…) ou oficios e cargos (Ferreiro, Taberneiro, Besteiro…). Dado que o corpus dos apelidos provén da Idade Media e que daquela en Galicia a lingua de uso maioritario era o galego, a gran maioría son galegos.
Mais a partir do século XVI o galego desapareceu como lingua dos documentos oficiais, substituído polo castelán. Dende daquela, algúns apelidos foron traducidos e outros alterados na ortografía ou na morfoloxía para facelos máis parecidos ao castelán.
A web
filoloxia_usc_apelidos_presentacion.jpg Sobre a base do buscador da RAG, que abrangue os 6.000 apelidos máis frecuentes en Galicia para poder comprobar se un apelido é galego e como se escribe correctamente. a comisión de normalización lingüística da Facultade de Filoloxía presentou este xoves unha web que achega toda a información necesaria para restituír os apelidos á súa forma galega correcta, algo que dende o ano 2011 permite a Lei do Rexistro Civil pero que moita xente descoñece.
Tal e como explicaron, calquera persoa inscrita no rexistro civil pode solicitar a adecuación dos seus apelidos ás particularidades lingüísticas do galego, “en calquera momento, de forma gratuíta, sen que sexa preciso alegar causa ningunha ou xustificar o uso habitual dese apelido na vida cotiá”.
Para animar á restauración correcta dos apelidos galegos, a comisión puxo en marcha unha campaña audiovisual na que tamén convida a todas as persoas a elaborar un pequeno vídeo no que contar a súa experiencia persoal nese proceso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?