Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ideaspropias Editorial celebra 20 anos formando a profesionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ideaspropias Editorial celebra 20 anos formando a profesionais

S. P.
Publicado: 19/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Pedro López, director xeral de Ideas Propias
Pedro López, director xeral de Ideas Propias
Ideaspropias Editorial, provedora galega de contidos e formación avanzada e plataforma de teleaprendizaxe (elearning), está estes días de celebración, conmemorando os seus 20 anos de andaina formando a profesionais de todos os sectores, achegando cursos, publicando un amplo abano de contidos didácticos e estreándose en 2022 nun ámbito en clara proxección: os audiolibros.
O selo comezou a súa traxectoria en 2005 como un pequeno departamento para desenvolver manuais formativos que logo converteuse nunha editorial con presenza nacional e internacional. Desde entón, acompañou a miles de docentes, estudantes e profesionais no seu proceso de aprendizaxe, cun compromiso firme coa calidade e a innovación educativa. Segundo Pedro López, director xeral de Ideaspropias Editorial, “nacemos para dar resposta a unha necesidade real: os docentes non atopaban libros adecuados para impartir os seus cursos”. Engade que “co tempo medramos xunto a estes docentes, adaptándonos ás novas formas de aprender e aos cambios do sector… vinte anos despois, seguimos coa mesma misión: ofrecer contidos formativos que realmente acheguen valor e axuden ás persoas para avanzar na súa vida profesional”.
Desde a súa fundación, Ideaspropias Editorial apostou pola “formación como motor de desenvolvemento”. Presenta “un catálogo en constante evolución” e ten publicados manuais especializados, materiais didácticos e contidos e-learning que serviron de apoio ao ensino en múltiples ámbitos profesionais. “Para nós, a clave sempre estivo na calidade dos contidos e na súa utilidade real para a aprendizaxe. Non abonda con publicar un libro ou un curso en liña, hai que deseñar materiais que axuden ás persoas para adquirir competencias e a aplicalas no seu día a día”, sinala Pedro López.
No marco do seu 20 aniversario, a editorial quere render homenaxe a todos os perfís creativos que formaron parte da súa historia: autores, ilustradores, deseñadores, editores e expertos en formación. “As ideas nacen das persoas, e por iso queremos seguir apostando pola creatividade e a colaboración como motores da aprendizaxe”, engade López.
Coa vista posta no futuro, Ideaspropias Editorial seguirá “ampliando o seu catálogo e explorando novas metodoloxías para ofrecer contidos formativos adaptados ás necesidades dos profesionais de hoxe”, sinala Pedro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?