Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adamo lanza fibra óptica e móbil por 29 euros ao mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adamo lanza fibra óptica e móbil por 29 euros ao mes

S. P.
Publicado: 24/04/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adamo_freepik_fuente_.jpgDesde o pasado 16 de abril, a operadora Adamo, con destacada presenza no rural galego (sobre todo na provincia de Lugo, onde ofrece fibra óptica no 80 % dos concellos) engade á súa estrutura de produto un novo paquete, mantendo o pack máis orientado ás familias. O paquete inclúe fibra de 400 Mbps e móbil con 17 GB por 29 euros.
Con esta novidade (tarifa Caaalma), sinala a empresa, “quixemos atender as dúas grandes demandas do mercado, o prezo e a cobertura Wi-Fi”, ao mesmo tempo que achega “un prezo económico e unha tranquilidade no pago”. Porén, sinala a operadora, “se o usuario quere enriquecer o pack, pode optar por aumentar a velocidade a 1 Gbps para o fogar ou contar con 50 GB para o móbil por 5 euros en cada caso”.
En cambio, para aquelas persoas que queren “a máxima velocidade, coa mellor cobertura e unha experiencia móbil ilimitada”, Adamo proporciónalles a tarifa Caaalma Total, pensada de xeito especial para as familias e que consta de fibra óptica de 1 Gbps e datos sen límite por 39 euros. Neste caso tamén é posible agregar liñas adicionais por 6 euros ao mes e fixo con chamadas ilimitadas por 6 euros.
Ademais, esta tarifa inclúe un router Wi-Fi 6 para que o sinal chegue a cada recuncho da vivenda.
Así mesmo, o cliente pode engadir a cada pack liñas adicionais por seis euros neste amplo abano de posibilidades: 15 GB (por 6 euros), 30 GB (por 8 euros), 50 GB (por 10 euros) ou con datos móbiles sen límite (por 12 euros).
Finalmente, Adamo lembra que o usuario pode optar por sumar Adamo TV ás tarifas Caaalma. Ademais da retransmisión dos enfrontamentos correspondentes á Segunda División, Adamo TV Premium ofrece películas, series, música, documentais e deportes. Tamén cadeas rexionais, temáticas, internacionais e películas. En total, máis de 160 canles por 6 euros ao mes e coa posibilidade de conectar ata tres dispositivos de forma simultánea. Pola súa banda, Adamo TV Basic pasa as 140 canles por 3 euros, mentres que Adamo TV Total supera os 175 (tamén coa liga Hypermotion) a un prezo de 12 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?