Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dos Espacios aplicará a súa longa experiencia en consultoría turística no impulso de TurisTalent 5.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dos Espacios aplicará a súa longa experiencia en consultoría turística no impulso de TurisTalent 5.0

S. P.
Publicado: 08/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugo_dos_espacios_turistalent_2.jpgEsta semana confirmouse que a empresa tecnolóxica galega Dos Espacios, con sede principal en Vilagarcía de Arousa, será a encargada de xestionar a nova aceleradora de proxectos turísticos innovadores do Concello de Lugo, TurisTalent 5.0. Na presentación do proxecto a compañía de Vilagarcía lembrou a súa longa experiencia neste ámbito, de feito deseñou e executou as dúas primeiras edicións da primeira aceleradora de startups turísticas da Xunta de Galicia, Turislab.
O director executivo (CEO) de Dos Espacios, Santiago Paz, participou na reunión de lanzamento do programa. A firma arousá foi a empresa seleccionada entre as seis propostas presentadas, cuxas ofertas técnicas foron avaliadas por un comité de expertos mixto, integrado por técnicos de diferentes departamentos municipais e da Universidade de Santiago de Compostela.
O programa de aceleración, denominado TurisTalent 5.0, está impulsado pola Concellería de Dinamización Económica do Concello de Lugo e busca “dinamizar o emprendemento nos sectores turístico e gastronómico mediante a formación, o asesoramento e o mentoring de proxectos cun alto compoñente innovador”.
lugo_dos_espacios_turistalent_1.jpg A aceleradora desenvolverase durante 9 meses, nos que os proxectos participantes recibirán formación especializada, asesoramento técnico e apoio na procura de financiamento.
O equipo de Dos Espacios posúe unha ampla experiencia neste ámbito: realizou o deseño integral da primeira aceleradora de proxectos turísticos da Xunta de Galicia, Turislab, que ademais xestionou durante os seus dúas primeiras edicións con gran éxito de participación e resultados.
Con sede central en Vilagarcía de Arousa e delegacións en Santiago de Compostela e Madrid, a firma posúe unha ampla bagaxe na prestación de servizos especializados en consultoría turística e tecnoloxía aplicada a este sector: elaboración de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, diagnóstico e plan de acción en Destinos Turísticos Intelixentes (DTI), xestión do dato turístico e sistemas de predición, posta en valor de recursos turísticos (Realidade Aumentada, Virtual e metaverso) promoción de destinos nacionais e internacionais, identificación de novas oportunidades de negocio, deseño, e creación e organización de produto turístico, entre outros eixos de actuación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?