Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio de Xornalistas achega un programa formativo de balde sobre IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio de Xornalistas achega un programa formativo de balde sobre IA

S. P.
Publicado: 11/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

684958c2be-webinars_01.jpgO Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza neste mes de xuño unha serie de catro webinars baixo o nome de O impacto da Intelixencia Artificial no xornalismo: riscos e oportunidades, e destinados a “mellorar a adaptación das e os profesionais ao novo paradigma comunicativo creado pola IA”, en palabras do Colexio.
A formación online consta de catro cursos que se celebrarán ás 11.00 horas dos días 17, 19, 26 e 30 de xuño. Os cursos, gratuítos e abertos a todo o mundo, poden realizarse de maneira independente e achegaranse logo en liña para que aquelas persoas que non poidan asistir á sesión programada teñan acceso á gravación.
Para poñernos en contexto, o Colexio explica que “a irrupción da Intelixencia Artificial (IA) está a revolucionar a práctica do xornalismo, presentando grandes potencialidades como ferramenta ao tempo que suscita numerosas dubidas éticas e legais e ameazas como a posible substitución das e dos profesionais por máquinas ou a produción en masa de desinformación”.
Co obxectivo de abordar a dita realidade, o Colexio de Xornalistas organizou o pasado 7 de abril; a xornada O impacto da IA no xornalismo: riscos e oportunidades, co patrocinio da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia, e agora compleméntaa con este programa formativo baixo o mesmo nome.
A partir do martes 17
684958c2be-webinars_02.jpg O programa iníciase o vindeiro martes 17 co seminario en liña O criterio profesional fronte á IA: traducir, revisar, verificar, que aborda o uso da IA na tradución e produción de contidos xornalísticos, especialmente en linguas minorizadas, analizando erros frecuentes e salientando a importancia da revisión profesional. Este primeiro curso estará impartido por Diego Vázquez, socio fundador e director de Imaxin Software, con máis de 20 anos de experiencia no sector das tecnoloxías da lingua, e estará moderado por Nereida Rodríguez Fernández, doutora en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións pola Universidade da Coruña.
O xoves 19 será o momento de realizar unha achega ás implicacións legais do uso da IA no xornalismo, a través do seminario en liña A relación entre o Dereito e IA. Aspectos prácticos, da man de Sergio Aramburu Guillán, avogado e secretario técnico do Consello da Avogacía Galega e conferenciante habitual en materias relacionadas coa deontoloxía, tecnoloxía e Intelixencia Artificial. Esta segunda sesión contará coa moderación de Alba Silva Rodríguez, vicedecana da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Os desafíos da aplicación da IA na comunicación corporativa será a temática central da terceira das xornadas formativas, o martes 26 de xuño. Con A IA: revolución na comunicación no ámbito das organizacións da autoría de Alberto Garnil, presidente do Clúster da Comunicación de Galicia e membro da xunta directiva de Creatividade Galega. A intervención de Garnil estará moderada pola xornalista Valeria Pereiras Reza, integrante da Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas.
O programa de formación péchase o luns 30 co curso Intelixencia Artificial nos medios: produción, distribución, gobernanza e ética na era dixital. Nel, a Mónica López Golán, doutora en Comunicación e Industrias Creativas pola USC, e Patricia Comesaña Comesaña, doutora pola Universidade de Vigo e profesora investigadora na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña, analizarán como están incorporando os medios a IA nas súas dinámicas internas e que tensións éticas e organizativas se producen. Este último curso vai estar moderado por David Lombao Rodríguez, membro do Pleno Territorial do Colexio de Xornalistas.
O acceso aos cursos é libre e gratuíto para todas as persoas, e os webinars realizaranse a través da plataforma de formación do Colexio de Xornalistas. Para inscribirse é preciso cubrir o formulario en liña dispoñible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?