Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC centrarase nos drons como tecnoloxía para previr os efectos do cambio climático no medio mariño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC centrarase nos drons como tecnoloxía para previr os efectos do cambio climático no medio mariño

S. P.
Publicado: 13/06/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

gabriel_navarro.jpg Analizar e anticiparnos aos efectos do cambio climático no medio mariño empregando drons estase a presentar como unha opción fundamental e dende a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, acreditan nesta ferramenta e abordan o tema coa celebración do ciclo de conferencias Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida.
Indo ao ciclo en cuestión, dicir que as charlas terán lugar a vindeira semana, do luns 16 ao xoves 19 de xuño (de 16:30 a 20 horas) e tamén poderán seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.
A primeira destas charlas será este luns 16 de xuño en Oleiros, no Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Asistirá o presidente da Academia, Juan Lema e os coordinadores do ciclo: os científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC), Fiz Fernández (académico da RAGC) e Miguel Gil. “Nesta xornada presentaranse as tecnoloxías coas que os científicos observan os mares, desde os grandes sistemas de teledetección con satélites ata instrumentos máis pequenos como os drons. Así mesmo, abordaremos a importancia de mirar o mar para entender que está a pasar nel, grazas a sistemas de observación tanto no Mediterráneo como nas costas galegas”, explican os coordinadores. Os drons permiten entrar en zonas costeiras de difícil acceso, ofrecendo unha visión detallada e en tempo real dos cambios no medio mariño
A xornada comezará coa intervención de Gabriel Navarro, investigador do Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía, pertencente ao CSIC. Explicará como a teledetección e os drons teñen revolucionado este eido, achegando novas ferramentas para a observación e estudo dos ecosistemas mariños.
Pola súa banda, Silvia Torres, coordinadora da Unidade de Tecnoloxías Mariñas do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) de Vigo, abordará a observación do medio mariño galego. Salienta que “Galicia, influenciada polo afloramento costeiro, atópase nunha rexión de alta produtividade biolóxica, o que fai imprescindible contar con sistemas de observación que faciliten unha xestión informada e eficiente do medio mariño”. Neste senso, o Observatorio Costeiro de Galician conta con infraestruturas e redes de observación que achegan información de xeito continuo. Así, na actualidade operan seis plataformas, algunhas en funcionamento desde 2007. “Estas estacións transmiten datos en tempo real de temperatura, salinidade, correntes e condicións meteorolóxicas. Ademais, semanalmente recóllense datos en 43 estacións oceanográficas das Rías Baixas e o Golfo Ártabro, proporcionando información doutrosparámetros bioxeoquímicos. Estas series de datos, iniciadas en 1992, representan un dos rexistros máis extensos no ámbito oceanográfico”, apunta a investigadora.
plataforma_cies.jpgA esta despregadura súmase a rede de radares de alta frecuencia, composta por cinco estacións en Galicia e o norte de Portugal, que permiten xerar mapas de correntes superficiais cun alcance de ata 100 millas náuticas. Esta información é útil para a seguridade marítima, especialmente no Corredor Marítimo de Fisterra, un dos máis transitados. Finalmente, a rede de estacións meteorolóxicas costeiras proporciona información en tempo real sobre variables como pluviosidade, vento, humidade, presión atmosférica ou radiación solar. Alén disto, desde hai uns anos estase a estender a observación a aspectos relativos á xestión dos recursos como a dispoñibilidade de semente de mexillón ou o seguimento do cultivo do mexillón. Neste contexto, introducíronse solucións tecnolóxicas que permiten recoller datos en bateas e no intermareal rochoso. É o caso dos boletíns de predición océano-meteorolóxica, que se envían diariamente ás confrarías; os visores especializados, que permiten consultar e descargar os datos; ou o xestor operativo do Plan Camgal, que centraliza información para a resposta ante posibles emerxencias ambientais.
imagen_avances25.jpgJoaquín Tintoré, investigador do Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados (Palma de Mallorca) e director do Sistema de Observación y Predicción Costero de las Islas Baleares (SOCIB), explica que desde o SOCIB desenvolven ferramentas e indicadores para apoiar a toma de decisións en cuestións como as ondas de calor mariñas ou o papel da capa superficial do mar en fenómenos meteorolóxicos extremos invernais. Para 2030 o organismo aceptou o reto de desenvolver xemelgos dixitais no Mediterráneo occidental, un laboratorio de investigación e innovación que fará seguimento e simulación das interaccións entre os procesos oceánicos e costeiros e a súa relación coas actividades humanas.
Para participar de balde neste ciclo (de xeito presencial ou en liña) cómpre inscribirse.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?