Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC prepara un ciclo sobre a importancia do mar e as novas tecnoloxías en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC prepara un ciclo sobre a importancia do mar e as novas tecnoloxías en Galicia

S. P.
Publicado: 09/06/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ciclo_ragc_sobre_o_mar.jpg Será a vindeira semana, do 16 ao 19 de xuño, cando a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) co apoio da Deputación da Coruña, leve a cabo un ciclo de conferencias tituladas: Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida. As charlas terán un horario de 16:30 a 20 horas, e tamén poderán seguirse en directo a través da canle de YouTube da RAGC. Tocaranse cuestións como os xemelgos dixitais do océano ou as posibilidades da teledetección e dos drons nas ciencias mariñas e o estudo do cambio climático. Entre as entidades participantes atópase o Centro de Supercomputación de Galicia, que falará sobre os retos tecnolóxicos da eólica flotante.
Indo ao ciclo, dicir que está coordinado polos científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) Fiz Fernández Pérez (académico da RAGC) e Miguel Gil Coto. Amosaran algúns dos principais desafíos que marcan a nosa relación como sociedade co mar, centrándose en catro aspectos clave para Galicia: como observamos o mar para determinar o seu estado, como lle está a afectar o cambio climático, como se están a organizar as actividades no mar e como se están a xestionar os recursos que extraemos del.
Emporiso, nas xornadas participarán recoñecidos expertos dos principais centros de investigación nacionais e europeos, referentes na súa área. Teñen en común o seu contacto con Galicia, onde teñen desenvolvido traballos de investigación ou teñen afondado en procesos que nos afectan. Trataranse temas fundamentais que abranguen desde o emprego das novas tecnoloxías para o estudo do mar como a teledetección ou os drons, a emerxencia climática, os principais retos no uso sostible do espazo mariño (en particular o potencial da eólica mariña), ata a relevancia das rías como sustento alimentario, entre outros aspectos.
Neste senso, porase de relevo a importancia que ten o mar na nosa comunidade, onde máis da metade da poboación vive na costa. “Os datos socioeconómicos sobre o retorno que Galicia recibe do mar son rotundos. Dispoñemos dunha frota pesqueira de preto de 4.500 buques, con capturas de peixe fresco que superan as 130.000 toneladas ao ano e unha facturación media duns 435 millóns de euros ao ano”engaden os coordinadores desta proposta.
Na mesma liña, as persoas investigadoras subliñan que do marisqueo a pé dependen directamente os ingresos de preto de 4.000 persoas. “A produción acuícola, liderada polo cultivo industrial do mexillón, sitúa a Galicia á cabeza do sector en España e como a primeira rexión comunitaria en cultivos mariños. Hai unhas 3.300 bateas adicadas ao cultivo do mexillón, distribuídas entre 2.400 propietarios e o sector ocupa a unhas 11.500 persoas, o que representa de media un 17,5% da poboación activa dos concellos con produción, chegando nalgúns casos ao 40%”.
Asemade, os coordinadores do ciclo lembran que Galicia é a décima exportadora mundial de produtos da pesca, por diante de países como Xapón ou Islandia, exportando a 121 países. “Ten actividade relacionada coa transformación de produtos do mar en máis de 30 países, onde chega a 65 lonxas para primeira venda de produtos frescos e a 127 portos para o desembarco dos mesmos”, sinalan.
“O relevante de toda esta actividade marítimo-pesqueira e acuícola é que ten a súa base nun pasado cunha compoñente social e cultural moi firme. Esta relación da sociedade galega co uso produtivo do mar calou en moitas facetas da mesma, creando unha cultura propia e xerando un patrimonio marítimo inmóbel (arquitectura industrial, arquitectura popular, arquitectura portuaria, vivendas, arqueoloxía), moble (artes de pesca, ferramentas, útiles, pecios, embarcacións tradicionais) e inmaterial (tradición oral-folclore, festas, talasonimia, culinaria mariñeira, oficios, artes, iconografía mariñeira, museos) extraordinariamente extenso. Esta relación entre o mar e a sociedade galega segue evolucionando e enriquecéndose con actividades mais recentes como o turismo e o deporte”, manifestan os investigadores.
Volvendo ao ciclo, este diríxese a todo o público interesado neste eido, sobre todo en temas vencellados co cambio climático, a oceanografía, as enerxías renovables, a pesca e a acuicultura; o persoal docente e investigador; e a estudantes de grao, mestrado e doutoramento en disciplinas relacionadas co ámbito mariño. As dúas primeiras sesións, 16 e 17 de xuño, celebraranse en Oleiros, no Castelo de Santa Cruz, sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). As xornadas do 18 e 19 terán lugar en Santiago, na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago.
O prazo de inscrición para participar de balde en todas as conferencias, de xeito presencial ou en liña, xa está aberto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?