Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O xogo The Mind Guardian desenvolvido por atlanTTic, premiado polo COETG-AETG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O xogo The Mind Guardian desenvolvido por atlanTTic, premiado polo COETG-AETG

S. P.
Publicado: 13/06/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

atlanttic_guardian_the_mind.jpgThe Mind Guardian, a aplicación gamificada baseada en Intelixencia Artificial desenvolvida por investigadores do centro atlanTTic (UVigo) en colaboración con Samsung España, que presenta unha proba de autoavaliación de memoria para o cribado a grande escala de signos de deterioro cognitivo, recibirá o Premio AMTEGA ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais.
O galardón, que como lembramos este xoves en Código Cero outorgan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), recoñece os beneficios para a saúde de The Mind Guardian para as persoas maiores de 55 anos, entre os que se atopan a mellora da calidade de vida e unha redución dos efectos das demencias ata nun 40%. Así mesmo, o xurado do premio destacou que a súa interface sinxela e os seus resultados, que demostraron un alto grao de precisión no 97% dos casos, teñen un impacto positivo en zonas cunha poboación avellentada e dispersa, como Galicia.
O galardón, que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025 que outorgan o Colexio e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación, entregaranse o 26 de xuño no Gran Hotel da Toxa.
Na 29ª edición destes recoñecementos, que se celebra baixo o lema Telecos: xestionando infraestruturas críticas, o Premio Enxeñeiro do Ano 2025 é para Alfonso Juan Álvarez Villamarín, CEO de Cellnex España, de quen o xurado destacou a súa “brillante traxectoria profesional”, que desenvolveu tanto en España como no estranxeiro.
Pola súa banda, o Premio Socio de Honra 2025 recaeu na Corporación Hijos de Rivera, en recoñecemento ao seu apoio á innovación e aposta pola tecnoloxía en favor das iniciativas galegas en internet, nomeadamente a web Bigcrafters, coa que se creou un mercado de comercio electrónico dirixido a facilitar a difusión e distribución de produtos artesáns, sobre todo aqueles elaborados en Galicia en pequenas cantidades.
Un traballo multidisciplinar que comezou hai máis dunha década
Detrás de The Mind Guardian atópase un equipo de investigadores do Centro de Investigación de Tecnoloxías da Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, liderado polos catedráticos Luis Anido e Manuel Fernández Iglesias, principais cabezas visibles dun traballo multidisciplinar que vén fraguándose desde hai máis de 10 anos, desenvolvido por un equipo altamente especializado, que uniu esforzos nos ámbitos da tecnoloxía, a saúde e a investigación para avanzar na detección temperá do deterioro cognitivo.
Este videoxogo, cunha precisión do 97% preséntase como unha ferramenta autoadministrable, gratuíta e accesible, deseñada especificamente para persoas de idade superior a 55 anos sen síntomas evidentes de deterioración cognitiva. O seu gran valor radica na capacidade de detectar de maneira precoz os primeiros signos de deterioración cognitiva que poden ser orixe de enfermidades como o alzhéimer, o que pode contribuír a aumentar a calidade de vida ata en 10 anos e reducir os efectos das demencias ata nun 40%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?