O Google Developer Group Vigo (GDG Vigo), colectivo galego integrado por desenvolvedores coa arela común de intercambiar coñecementos e experiencias sobre novas tecnoloxías, vai organizar mañá un relatorio para tomarlle o pulso á Web en relación ás novidades das que estamos a ser testemuñas (e das que seremos no que resta de ano). A sesión virá da man de Salvador de la Puente, membro da comunidade open source e desenvolvedor referencial de ferramentas abertas, quen avaliará en Vigo as novas tendencias e tecnoloxías da Internet, facendo fincapé en cousas como o espallamento da Rede fóra dos seus límites orixinais (a experiencia multi-plataforma) ou a perda de terreo da industria propietaria e do sistema de establecementos en liña de software tal e como os coñecemos.
Segundo informa o Google Developer Group Vigo acerca dos novos roteiros da contorna dixital por excelencia (novos rumbos que serán avaliados no devandito relatorio, que se desenvolve baixo o epígrafe The State of The Web), o bo estado de saúde de tecnoloxías como CSS Grid, Web Assembly, WebVR, Web Animations, Service Workers, Web Manifest, Push, Web Payments o Web Credentials, xunto con patróns de desenvolvemento modernos como PRPL o Virtual DOM, certifican o impulso e desenvolvemento “dunha Web moderna, rápida e segura e para usuarios e desenvolvedores”.
A participación en este relatorio precisa de inscrición previa debido á limitación de prazas de asistencia dispoñibles. A inscrición e participación ao grupo é cen por cen de balde.
Respecto do relator, dende Mancomún lembran que Salvador de la Puente é membro da comunidade internacional open source con relevantes contribucións nas tecnoloxías de front-end (a parte do software que interactúa cos usuarios). Traballa na actualidade como enxeñeiro sénior para Mozilla desenvolvemento tarefas nas areas de developer relations e desenvolvemento de front-end, contando cunha destacada experiencia en I+D como enxeñeiro de Telefónica.
O estado da Web en 2017, ao detalle en Vigo
Compartir Este Artigo

