
Segundo explicou o devandito investigador, no seu traballo cotiá tira proveito das capacidades de cómputo avanzado dos superordenadores para estudar os sinais de ondas gravitacionais creadas cando dous buratos negros chocan; nas súas palabras “os eventos máis violentos no universo”. O seu traballo en concreto baséase en resolver ecuacións e calcular, utilizando cálculos moi extensos, que aspecto teñen esas colisións, e como son exactamente os sinais que emiten.
Segundo nos conta o CESGA, os investigadores que desenvolven o seu labor ao abeiro de LiGO teñen, grazas á concorrencia dos supercomputadores, comparar as predicións baseadas nos cálculos dos mesmos cos datos experimentais que eles rexistran e atopar que sistemas crearon eses sinais. “Para eses cálculos”, explica o centro galego, “a comunidade de Física Teórica precisa dispor de acceso a moi grandes máquinas de computación de altas prestacións, xa que sen elas este tipo de avances en ciencia sería impensable e non poderíamos chegar a comprender mellor o universo que habitamos”.
O doutor Husa e o seu equipo de físicos teóricos acceden a potentes máquinas de cómputo como FinisTerrae a través de diferentes convocatorias competitivas da Rede Española de Supercomputación (RES), á cal o CESGA achega o 20% do superordenador galego. A RES, composta por 13 nodos repartidos por todo o estado é a Infraestrutura Científico Tecnolóxica Singular en Computación de España.
O CESGA contribuíu co seu cálculo ao desenvolvemento do proxecto galardoado este ano co Nobel de Física
Compartir Este Artigo

