Vodafone quere combater a contaminación nas cidades. Nesta liña é onde se sitúa a nova liña de lonas publicitarias que está a despregar nos espazos urbanos do ámbito estatal, unha liña que xa comezou a ser visible en Madrid (Paseo de la Castellana) e Bilbao (Gran Vía 33). A pregunta que nos podemos facer é: ata que punto estes equipamentos urbanos poden contrarrestar a polución no ar? Segundo aclara a operadora de telecomunicacións, trátase de dous cartaces de gran tamaño que “son quen de eliminar a contaminación ambiental como o farían 1.100 árbores durante un mes”. As lonas, cuxa instalación está enmarcada na campaña O futuro é apaixonante. Ready?, están cubertas dunha solución con dióxido de titanio que absorbe o 85% dos gases contaminantes nun radio de acción entre 40-60 metros.

Vodafone combate a contaminación nas cidades coas súas lonas de publicidade
Compartir Este Artigo

