Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un reloxo intelixente para axudar ás persoas dependentes e os seus familiares, premiado pola USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un reloxo intelixente para axudar ás persoas dependentes e os seus familiares, premiado pola USC

Redacción
Publicado: 27/11/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

usc_premios_proxectos_innovadores_2017.jpgA semana pasada a Universidade de Santiago entregou os galardóns da sexta edición do seu Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores, unha convocatoria dirixida novamente a impulsar a creación de empresas con servizos e ferramentas que acheguen puntos de inflexión na evolución do noso tecido investigador e produtivo, postas en marcha por universitarias e universitarios dos campus composteláns. Entre os proxectos premiados atopábase unha iniciativa para axudar con novas tecnoloxías ás persoas que sofren alzhéimer. Trátase de E-Wear Tecnologies, impulsada polos investigadores-emprendedores Ángel Rodríguez Cerdeira, Carlos García Campos e María Luz Mosteiro del Pilar.
A proposta, distinguida como mellor Proxecto Empresarial Start-Up, ten a súa orixe na situación persoal dun dos seus co-fundadores, con persoas enfermas da dita doenza no seu fogar. O punto de partida foi o seguinte: como usar as novas tecnoloxías para axudar no día a día destes familiares e do resto das persoas que teñen a mesma doenza, e todo buscando a meirandes comodidade e efectividade?
Segundo fixeron saber os seus creadores, E-Wear Technologies pretende proporcionar seguridade e independencia a persoas maiores dependentes. A iniciativa foi recoñecida co premio ao mellor proxecto empresarial Start-Up e unha premio metálico de 2.000 euros. O proxecto aspira a levar ao mercado un reloxo asistente para persoas maiores, que envía alarmas de cando teñen que tomar a medicación e permite avisar á familia ou servizos de emerxencias en caso de necesidade.
O reloxo ten unha tarxeta SIM que o capacita para facer e recibir chamadas e enviar mensaxes de aviso. Á súa vez, a familia ten unha aplicación móbil que permite facer seguimento do usuario do reloxo, sabendo en todo intre se toma a medicación ou se sufriu algunha caída. Son os seus promotores Ángel Rodríguez Cerdeira, Carlos García Campos e María Luz Mosteiro del Pilar.
Empresa EBT
Dotado con 2.000 euros, o premio destinado a empresas coa cualificación de Empresa de Base Tecnolóxica (EBT) da USC recaeu en HGBeyond Materials Science, spin-off que centra a súa actividade na ciencia de materiais, especializada en tecnoloxía de hidroxeles. Constituíuse en xuño de 2015 como Lentimed Medical Devices, nome que mudou en 2017 ao medrar a súa proxección internacional e o seu ámbito de actividade. Na actualidade HGBeyond deseña e desenvolve novos materiais para lentes de contacto de alto valor engadido, que sirvan como correctores de visión máis confortables e como plataformas de cesión sostida de sustancias activas. O seu obxectivo principal será a explotación das primeiras lentes medicadas do mundo.
A actividade empresarial desta spin-off aséntase sobre unha das liñas de investigación do Grupo I+D Farma da USC, que ten unha importante actividade científica, sendo un referente no seu campo de traballo. Esta é unha sociedade que promoven Carmen Álvarez Lorenzo, Ángel Concheiro Nine e Paloma Cabello Esteban.
Proxectos EBT
Na categoría de proxectos EBT outorgaranse idénticos premios de 2.000 euros a Biorecovery e Pharmatox-Lab. No primeiro caso o proxecto propón unha empresa enfocada á reciclaxe e valorización de subprodutos das industrias agroalimentarias. A curto prazo o seu obxectivo é a transformación de sangue dos matadoiros, que constitúe un residuo perigoso, en fariña de sangue, un composto inocuo con aplicación na elaboración de fertilizantes para agricultura, tanto convencional como ecolóxica. Promoven este proxecto Abraham Rivera Peña, Hiram Varela Rodríguez, José Manuel Magide Ameijide, Adrián Rodríguez Chantres e Juan José Redondo Floriano.
No caso de Pharmatox-Lab, o proxecto baséase na oferta de análises toxicolóxicas específicas non cubertas actualmente polos laboratorios existentes no mercado. Estas análises inclúen a determinación de drogas e fármacos nas mostras biolóxicas clásicas como son sangue ou ouriños, pero tamén en mostras alternativas, que proporcionan solucións a problemas non resoltos coa análise das mostras clásicas. Os seus promotores son Ana de Castro Ríos, Salvador Blanco Turnes, Elena Lendoiro Belío, Angelines Cruz Landeira e Manuel López-Rivadulla.
Muller Emprendedora
AYeconomics Research Centre, premio na modalidade Muller Emprendedora dotado con 2.000 euros, é unha spin-off especializada en investigación de calidade e recomendación de políticas derivadas da mesma en temas socioeconómicos. Conta con metodoloxías innovadoras que permiten facer análises de impacto con escaseza de información (PATH-RAS) e análises espaciais (EVAL-SET). O equipo de promotoras confórmano Aizhan Samambayeva, Yolanda Pena Boquete, Melchor Fernández Fernández e Manuel Fernández Grela.
Promoción da lingua galega
A proposta gañadora, cunha dotación de 1.000 euros, é Coeduca, en palabras da USC “a primeira entidade especializada en coeducación de España” que implanta plans de igualdade con metodos finlandeses para centros escolares, administracións públicas e entidades que queiran promover unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes. O proxecto social nace “coa intención de previr a violencia de xénero dende a educación en igualdade e co obxectivo de implantar a primeira rede de centros co educativos de Galicia e a primeira de España da formación profesional”. Esta é unha proposta de María del Pilar, Cecilia e Sandra Porral Iglesias.
Os proxectos gañadores terán acceso de balde á incubadora do edificio Emprendia durante seis meses, contados a partir da data de constitución da empresa. Ademais, a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC (AVTE) facilitará aos distintos proxectos e empresas gañadoras reunións de contacto coas entidades inversoras Unirisco e Xesgalicia. No caso das empresas gañadoras poderán participar nos fondos de inversión organizados por IGAPE e Xesgalicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?