Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sateliun lanza a versión en galego da súa app para a xestión de vehículos por GPS
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sateliun lanza a versión en galego da súa app para a xestión de vehículos por GPS

Redacción
Publicado: 11/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sateliun_app_galego_1.jpgA tecnoloxía Sateliun, dirixida a facilitarnos a xestión de vehículos a través de GPS e dos nosos móbiles, xa está dispoñible en galego para dispositivos con sistemas Android. Ademais, segundo nos conta a compañía do mesmo nome, con sedes principais en Coruña e Vigo, a versión na nosa lingua da aplicación de xeolocalización estará nas vindeiras semanas operativa para iOS. En palabras dos responsables de Sateliun, trátase da primeira aplicación móbil de xestión de frotas por GPS que está accesible en galego.
O lanzamento desta pioneira versión para Android responde “ao obxectivo de ofrecer unha atención máis personalizada, para a localización dos máis de 20.000 vehículos que empregan a tecnoloxía de Sateliun en España e Portugal”.
Ademais, dende o seu centro de desenvolvemento tecnolóxico en Cambre (A Coruña), Sateliun traballa arestora, como dixemos, no lanzamento nas vindeiras semanas dunha versión en galego dispoñible tamén para dispositivos iOS a través da App Store de Apple.
A maiores, e co mesmo obxectivo de seguir a mellorar a atención aos usuarios da súa aplicación, a marca prevé a incorporación durante o ano 2018 doutras dúas versións, en catalán e éuscaro.
Por certo que a selección do idioma da ferramenta móbil en Android faise de forma automática en función do idioma configurado no dispositivo móbil do usuario.
Como lembraremos, a aplicación de Sateliun permite a localización e control en tempo real de mercadorías e de todo tipo de vehículos industriais e comerciais, para, en palabras da empresa, “acadar unha maior eficiencia, aumentar a produtividade, mellorar a seguridade e reducir os custos operativos”. A ferramenta, engaden os seus desenvolvedores, posibilita “non só coñecer ao momento todo tipo de parámetros sobre os vehículos dunha empresa, senón tamén contar cun histórico de datos, con informes a medida e cun sistema personalizado de avisos no caso de incidencia”.
A tecnoloxía GPS de Sateliun xestiona os vehículos de empresas con frotas de diferentes tamaños, dende multinacionais ata PEME e autónomos, con clientes como Inditex, GADISA, Vegalsa-Eroski, Central Lechera Asturiana e Securitas Direct.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?