No mundo competitivo no que nos movemos, sermos bos creadores de programas e ferramentas resulta imprescindible. E non só para aumentar clientes e manter os que xa temos, senón tamén para o noso propio desenvolvemento persoal e, por suposto, da nosa equipa. Neste punto, boa parte dos obradoiros que leva a cabo Vitae Consultores diríxense a garantirnos este obxectivo da autosuperación como profesionais das novas tecnoloxías. Por exemplo o seu Curso Angular 6: Desenvolvemento avanzado de aplicacións empresariais.
Trátase dunha actividade formativa de 20 horas, unha actividade na que se aborda de cheo o estudo das prácticas precisas para proxectos TIC avanzados. Realizarase en Vigo (días 25 e 26 de maio, 1 e 2 de xuño) e na Coruña (6, 7, 13 e 14 de xullo), no Centro Social Afundación de ABANCA (rúa Policarpo Sanz) e no Hotel Attica 21 (rúa Enrique Mariñas), respectivamente.
Segundo explica Vitae, o contido do curso abrangue un amplo abano de conceptos e temáticas, dende o deseño con Material Desing aos procesos de despregue empregando a renderización do lado do servidor e a creación de aplicacións web progresivas. Asemade, abordarase o uso de estratexias de localización de cambios e o patrón Redux. “Ao remate do obradoiro”, explican os organizadores do mesmo, “o alumnado será quen de crear aplicacións que aproveitan o mellor do framework e o mellor da plataforma web”, dando forma a proxectos cun aspecto e (tamén) cun comportamento máis depurado e con alto rendemento. O curso vai dirixido principalmente a programadores con experiencia en Angular. Terá, como dixemos, unha duración de 20 horas.
O formador será Alberto Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, xefe de proxectos e formador en pequenas e grandes empresas. Basalo é, a día de hoxe, socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae Consultores.
Vitae prepáranos para crear aplicacións avanzadas con Angular 6
Compartir Este Artigo
