
As sesións formativas desenvolveranse nas salas de traballo en grupo do terceiro andar e a biblioteca porá a disposición de cada un dos participantes un ordenador portátil con conexión a Internet vía Wi-Fi. Segundo explican os organizadores, é requirimento imprescindible que cada quen carrexe aos cursos un teléfono móbil para acceder á rede sen fíos local.
Os cursos son os seguintes: Iniciación ao retoque de fotografía dixital con Gimp, Programación de aplicacións para teléfonos móbiles e Xestións por internet: banca online, eAdministración, eSaúde, servizos electrónicos. Serán impartidos por Manuel Alonso Arnejo. voluntario do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.
O período de inscrición abrirase o 22 de maio e prolongarase ata o 6 de xuño. Requírese inscrición previa na páxina web da biblioteca. No mostrador de Información da biblioteca facilitarase un tríptico informativo a todas as persoas interesadas.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago forma aos usuarios en Gimp, programación e xestión dixital
Compartir Este Artigo
