No mes de abril Microsoft anunciou que Windows 10 ampliaría o seu soporte de software para procesadores ARM incluíndo a posibilidade de correr aplicacións de 64 bits, e grazas ao lanzamento de Visual Studio 15.9 esta prestación é oficial, xa que a ferramenta de desenvolvemento de software incorporou o SDK e as ferramentas que permiten a creación de aplicacións ARM64 á vez que tamén abriron a posibilidade de remitir as aplicacións creadas con tal arquitectura á tenda de aplicacións de Microsoft.
Esta novidade resulta especialmente interesante polo feito de que de cara á campaña de Nadal fabricantes como Lenovo e Samsung teñen pensado lanzar algúns dispositivos con procesadores Qualcomm Snapdragon 850, que poderán tirar proveito das novas aplicacións ARM64 á vez que gozan de deseños delgados e lixeiros, así como grandes autonomías e conectividade 4G. Amais, Windows 10 tamén integra unha capa de emulación x86, o que permite correr outras aplicacións de Windows 10 que non estean optimizadas para ARM64, aínda que as aplicacións que se recompilen a partires de agora funcionarán moito mellor nestes novos dispositivos orientados á mobilidade e á unha conexión á Rede en todo momento.
As aplicacións de Windows 10 xa poden optimizarse para procesadores ARM de 64 bits
Compartir Este Artigo
