A finais de 2018 Microsoft avanzou que o seu navegador web Edge renovaríase profundamente para mudar de motor e pasar a basearse no proxecto de código aberto Chromium, de xeito que melloraría a súa compatibilidade con desenvolvementos web e tamén con extensións (sendo compatible coas extensións de Chrome), e para os máis impacientes xa está dispoñible para a súa descarga o Microsoft Edge nas canles de probas, con actualizacións diarias e semanais (a versión máis estable, con actualizacións cada 6 semanas, chegará máis adiante).
Non estamos ante unha aplicación dirixida ao público xeral, senón principalmente a desenvolvedores, que queiran probar tanto o navegador como o desempeño das súas aplicacións e traballos neste novo navegador web que podería conseguir grande relevancia no futuro, xa que funcionará dun xeito moi semellante ao Chrome de Google, polo que os usuarios non verán preciso recorrer a navegadores alternativos ao de Microsoft para gozar dunha boa experiencia de exploración da web.
Entra en probas o Microsoft Edge baseado en Chromium
Compartir Este Artigo
