O Prime Day de 2019 vai ir máis aló que anteriores edicións, non só por ser a xornada deste tipo máis longa da historia de Amazon (xa que estende a súa duración ata as 48 horas), xa que desta volta tamén queren dar visibilidade das vantaxes de subscribirse a Amazon Prime celebrando un concerto exclusivo.
O concerto do Prime Day 2019 permitirá que na noite entre os días 10 e 11 de xullo (concretamente a partires das tres da madrugada) poidamos ver un concerto de Amazon Music en exclusiva para membros Prime presentado por Jane Lynch (actriz das series Glee e La maravillosa Sra. Maisel) e que contará coa actuación estelar de Taylor Swift acompañada por Dua Lipa, SZA e Becky G.
Esta retransmisión en vivo pretende converterse en todo un evento de Amazon, que aproveitarase para amosar avances dalgunhas das súas series como a mencionada La maravillosa Sra. Maisel, Jack Reacher, The Boys, Carnival Row e Undone, así como servirá tamén para que o público sexa máis consciente da existencia do servizo de streaming musical de Amazon.
Vídeo promocional do concerto do Prime Day 2019
