Dende hai anos WhatsApp permite a realización de pagamentos entre particulares na India, seguindo os pasos de aplicacións como WeChat na China, e dende WABetaInfo adiantan agora que o sistema de pagamentos de WhatsApp está a preparar o seu espallamento internacional, de xeito que nos vindeiros meses chegará tamén a Reino Unido, México, Brasil e España.
Haberá que ver como funcionará esta ferramenta de pagamentos entre particulares dende o móbil, pero dada a elevada penetración de WhatsApp promete converterse en todo un éxito capaz de superar rapidamente a plataformas como Bizum, que pese aos esforzos de certas entidades continúa sen callar entre a poboación xeral como un xeito de enviar cartos ou pagar compras entre particulares.
Confíase en que os pagamentos a través de WhatsApp cheguen a España antes do remate do verán.
WhatsApp podería permitir os pagamentos entre particulares en España dentro de poucos meses
Compartir Este Artigo
