A pasada fin de semana sóubose do pasamento do actor Chadwick Boseman, célebre mundialmente polo seu papel como Black Panther nos últimos filmes do Universo Cinematográfico Marvel, conmocionando a moitos usuarios de Twitter, de xeito que o chío da súa conta oficial na que confirmábase que finara no seu fogar por mor dun cancro de colon co que levaba loitando dende 2016 converteuse no chío con máis gústames da historia.
Con 7,3 millóns de gústames e 3,1 millóns de rechouchíos vemos o grande impacto que teñen novas coas que identifícase toda unha xeración, de xeito que unha icona da cultura popular pode eclipsar a, por exemplo, Barack H. Obama, quen conseguiu 4,3 millóns de gústames pola súa publicación en reacción aos acontecementos de Charlottesville en 2017.
O feito de que Twitter conseguise unha nova marca de gústames serve para confirmar que esta plataforma social que parecía estancada, continúa a medrar, aínda que o seu ritmo é moi inferior ao de Instagram ou TikTok, mantendo un volume de usuarios moito máis discreto, principalmente porque é máis unha fonte de información de actualidade que de contidos de lecer.
O pasamento de Chadwick Boseman marca un novo máximo de gústames en Twitter
Compartir Este Artigo
