Instagram estreou hai menos de dous meses os Reels, un formato co que quere competir con TikTok, e para continuar a súa potenciación decidiron introducir novidades bastante interesantes: a posibilidade de crear reels de ata 30 segundos (en vez de limitalos a 15 coma se fosen historias), ampliar o temporizador de gravación ata os 10 segundos e permitir cortar e borrar calquera clip de vídeo.
Estas novidades fan máis doada a creación de Reels, e permiten que a súa linguaxe poida diferenciarse cada vez máis das historias, conseguindo unha identidade de seu para así captar ao tipo de público afeito a TikTok, á vez que tamén mudan o xeito de conectar aos usuarios de Instagram co resto de usuarios, xa que a difusión das Reels non se limita aos seareiros, o que podería facilitar a aparición de contidos virais.
Instagram incrementa a duración dos Reels a 30 segundos
Compartir Este Artigo
