Tras rexistrar unha alta demanda por parte dos creadores ve a luz Patreon Video como acceso anticipado, ou sexa, que a plataforma de mecenado Patreon permite por fin vídeos nativos, polo que os creadores que accedan a esta funcionalidade poderán publicar contidos de vídeo reservados aos seus mecenas sen ter que depender de integracións de terceiros, mantendo un maior control sobre a súa obra e sobre quen pode vela.
Os vídeos publicados en Patreon están en alta definición e sen publicidade, conectando directamente co público e axudando a captar subscritores grazas á función de previsualización dos vídeos exclusivos para mecenas. Os creadores poderán definir unha imaxe de portada e a duración da previsualización, polo que conseguen así versatilidade para crear teasers, compartir os contidos en redes sociais e mellorar a adopción de subscricións.
Os usuarios que conte cos plans Avanzado e Premium de Patreon poderán subir ata 500 horas de vídeo ata finais de 2023 sen custo adicional, prevéndose que máis adiante conten cun cadro de tarifas para cubrir os custos de aloxamento e transmisión dos vídeos de xeito nativo.
Patreon estrea vídeos de xeito nativo
Compartir Este Artigo
