O operador Orange está a avisar a parte dos seus clientes dunha intrusión informática padecida por un dos seus provedores, o que ocasionou unha filtración de datos persoais bastante preocupante, xa que expuxéronse datos como o nome, o enderezo, o número de teléfono, o correo electrónico, o núcleo de DNI, a data de nacemento ou o seu número de conta bancaria.
Dende Orange aseguran ter iniciado os protocolos de seguridade pertinentes en canto detectaron o ataque aos seus sistemas informáticos, así como tamén notificaron á AEPD e á Brigada Central de Investigación Tecnolóxica da Policía Nacional, aínda que agora a pelota queda do tellado dos clientes, que teñen que estar máis alerta ante posibles suplantacións de identidade, calotes ou outro tipo de delitos. No caso de que o número da súa conta bancaria se vise afectada, recomendan contactar coa entidade bancaria para que poidan tomar as medidas oportunas.
Rouban datos persoais de clientes de Orange
Compartir Este Artigo
