Meta conta con ferramentas para que as empresas e creadores de contido poidan programar as súas publicacións, aínda que a meirande parte das funcionalidades están limitadas á versión web da Business Suite ou do Creator Studio, pero agora anuncian que Instagram está a espallar novidades interesantes, sendo a máis relevante a posibilidade de programar a publicación de Reels, fotografías e carruseis directamente dende a aplicación de Instagram.
Para programar unha publicación en Instagram chega con ir ás opcións avanzadas da mesma, onde contaremos coa opción de programar a súa publicación e así poder elixir o día e a hora da súa publicación, sendo posible programar os contidos con ata 75 días de antelación.
Paralelamente Instagram está a potenciar o uso de Reels por parte dos creadores mediante os chamados logros, opción que actualmente pode desbloquearse publicando máis dun Reel á semana e que permitirá colaborar con outros creadores, empregar ferramentas interactivas nos Reels e utilizar sons ou efectos que son tendencia.
Instagram permite programar publicacións e Reels dende a súa aplicación móbil
Compartir Este Artigo
