AST SpaceMobile, compañía do Grupo Vodafone, despregou con éxito a matriz de comunicacións do seu satélite de probas BlueWalker e (BW3) en órbita terrestre baixa, de xeito que en vindeiros meses prevé conectar móbiles convencionais dende o espazo mediante probas con operadores de rede móbil (incluíndo a Vodafone) ao longo de todo o planeta. O satélite BW3 sería o meirande para comunicacións comerciais despregado en órbita terrestre baixa, e xa tería despregado o seu conxunto de antenas cun tamaño de 64 metros cadrados co que podería conseguir unha cobertura duns 775.000 quilómetros cadrados.
Este proxecto pretende crear a primeira e única rede móbil de banda larga espacial á que poidan acceder directamente o móbiles estándar, de xeito que os dispositivos poderían cambiar automaticamente entre as redes espaciais e as terrestres, facilitando a conexión dos clientes en zonas de difícil acceso e axudando a eliminar as fendas de cobertura.
Un satélite de baixa altura probará a dar servizo de telefonía móbil 5G
Compartir Este Artigo
