WhatsApp presentou hoxe os avatares, un novo xeito de expresarse nas conversas de WhatsApp, no que podemos ver como unha sorte de adhesivos personalizados cun personaxe tridimensional que pode lembrarnos aos avatares das consolas de videoxogos, e que podemos deseñar á nosa imaxe e semellanza, de xeito que así podemos sentirnos identificados polas diferentes emocións e accións que reflicte nos adhesivos que a aplicación xera de xeito automático.
Polo momento o uso dos avatares limítase a un paquete de adhesivos personalizados, pero dende WhatsApp tamén pretenden que estas representacións da nosa identidade poida empregarse por persoas que non queren compartir fotografías reais da súa cara e así manter un certo nivel de privacidade na mensaxería instantánea.
Aseguran que os avatares de WhatsApp continuarán a evolucionar, ofrecendo máis opcións de personalización e maiores niveis de detalle, e non sería descartable que no futuro poidamos velos como representacións do usuario en mundos virtuais ou incluso en videoconferencias, en momentos nos que a persoa non queira dar a cara.
Chegan os avatares a WhatsApp
Compartir Este Artigo
