Unha das grandes novidades do iPhone 14 era un sistema de mensaxes de emerxencia vía satélite que inicialmente estaba limitado a EE.UU. e Canadá, e que hoxe anúnciase para Francia, Alemaña, Irlanda e Reino Unido, deixando claro unha vez máis que o mercado español non é prioritario para Apple.
Este servizo de mensaxes de emerxencia está unicamente dispoñible para os móbiles da familia do iPhone 14, e permite conectar cun satélite para compartir información crítica cos servizos de emerxencia, familia e amigos dende lugares onde non está dispoñible a cobertura móbil. Deste xeito, os servizos de emerxencia poderán recibir alertas dende lugares onde non era posible ata o momento, facendo máis doado salvar vidas e realizar rescates complicados.
As mensaxes de emerxencia vía satélite do iPhone chegan a Francia, Alemaña, Irlanda e Reino Unido
Compartir Este Artigo
