A entrada do blog de Movistar na que explicaban a integración de DAZN nos contidos de Movistar Plus+, actualizouse hoxe para recoller cambios que afectarán claramente a como poderán verse os contidos das canles DAZN LaLiga e DAZN 1-4, que ata agora estaban accesibles a través da aplicación móbiles de Movistar+ como un xeito de paliar os problemas iniciais da aplicación de DAZN, pero que a primeiros de ano precisarán da aplicación de DAZN para a súa recepción.
Deste xeito, os subscritores do fútbol de Movistar que queiran gozar de todos os encontros deportivos deberán activar a súa conta de balde de DAZN que lles achega Movistar, o que non afecta en absoluto á oferta de contidos, senón que simplemente fai máis complicado para os usuarios o acceso aos mesmos, xa que haberá que estar pendente da aplicación que abrir en función do partido de fútbol que se desexe ver.
Orange tamén integrou os contidos de DAZN na súa plataforma ante os problemas iniciais do servizo OTT deportivo, polo que é de esperar que nos vindeiros días comunique tamén unha medida análoga á de Movistar, forzando aos seus clientes a facer uso da aplicación de DAZN.
Os contidos de DAZN deixarán de estar dispoñibles nas aplicacións de Movistar Plus+
Compartir Este Artigo
