Nos últimos meses os prezos dos produtos e servizos de Apple soportaron un importante incremento de prezo, que vai trasladarse tamén ao servizo de substitución de batería dos iPhone, aínda que cómpre lembrar que cando a batería conserva menos do 80% da súa capacidade orixinal e está en garantía o servizo é de balde.
A data elixida para a suba de prezo é o 1 de marzo, e como exemplo desta suba temos que cambios de batería dun móbil das familias iPhone X, 11, 12 ou 13 (en todas as súas variantes) custa actualmente 75 euros e pasará a valer 99 euros, ou sexa, que a suba de prezo será de 24 euros. No caso de móbiles anteriores o prezo actual é de 55 euros, polo que a suba de 24 euros faríase notar máis.
Entendemos así que os usuarios que teñan móbiles de Apple que teñan xa certos anos deberían comprobar se a saúde da batería é boa, ou se compensa realizar a súa substitución antes do 1 de marzo.
Apple subirá o prezo da substitución de batería dos iPhone
Compartir Este Artigo
