Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A primeira plataforma dixital centrada na exportación de alimentos e bebidas a China aséntase en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A primeira plataforma dixital centrada na exportación de alimentos e bebidas a China aséntase en Lugo

S. P.
Publicado: 15/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_lugo_lara_mendez_141223_imaxe_da_presentacion_esta_mana_de_monkey_markets_i.jpgA alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta semana a sexta das empresas que contará co financiamento da Estratexia Lugo Transforma, artellada durante a pandemia para favorecer a diversificación industrial e crear emprego estable e de calidade no municipio. Trátase de Monkey Markets, empresa especializada no sector de alimentos e bebidas centrada na transformación dixital do proceso de comercialización con China, cuxos fundadores levan 10 anos traballando en proxectos innovadores do sector neste país.
Esta startup creou a primeira plataforma dixital que integra todos os procesos necesarios para facilitar a exportación de produtos alimenticios e bebidas ao mercado chinés, “fornecendo á súa carteira de clientes (cun acceso online rápido e sinxelo) da información actualizada sobre datos aduaneiros, vías de comercialización, etc”, explicou a rexedora, engadindo que o seu cometido céntrase “non só en poñer en contacto aos exportadores europeos cos importadores chineses, senón que tamén posibilita a creación de negocios e alianzas entre eles, articulando unha rede internacional de sinerxías”.
A mandataria local referiu tamén que, co apoio do Lugo Transforma, do que recibirá 50.000 €, Monkey Markets poderá afrontar o seu fortalecemento, especialmente no que ten que ver co desenvolvemento de produto e mercadotecnia. Integrada nestes momentos polos dous socios fundadores, entre as súas expectativas atópase contratar nos vindeiros 4 anos a un total de 20 traballadores/as.
Antes de rematar a alcaldesa puxo en valor o carácter punteiro da proposta “que foi a primeira startup española en incorporarse, en 2021, á exclusiva lista de plataformas da ONU que destacan polo uso innovador dos datos o que, á súa vez, afianza a capacidade da estratexia Lugo Transforma como polo de atracción de empresas que se atopan á vangarda dos seus sectores”.
Iago Sanmartín, vo-director executivo da empresa, aproveitou a súa intervención para poñer de manifesto o seu agradecemento ao Concello de Lugo “e á alcaldesa por convidarnos a facer este anuncio. Para nós a entrada de Lugo Transforma é fundamental para poder seguir desenvolvendo o noso proxecto. Ademais, estamos moi felices de poder ser parte desta estratexia e desta cidade que aposta tan forte pola innovación e a creación de emprego. Gustaríame tamén darlle a benvida á familia Monkey Markets como novo socio xunto a Netaccede e Xesgalicia e dar as gracias a Torsa Capital pola xestión e o traballo conxunto nestes meses”, afirmou.
Lugo Transforma
O Fondo Lugo Transforma está constituído polo Concello de Lugo – que mobilizou 12 millóns de euros – e polas compañías Lence, Norvento Enerxía, Torre de Núñez, Grupo Arenal, Alibos, Candelas, Grupo El Progreso, Dmanáne Torsa capital que incrementaron o fondo inversor con un millón de euros máis.
Ata a data, lévanse presentado un total 75 proxectos ao fondo Lugo Transforma, dos que 12 se atopan actualmente en análise, cun investimento materializado de 1.710.000 euros nas seis incorporacións xa efectivas (LexDigo, Innogando, InVerbis, Techaway , Boldest e Monkey Markets) que xuntas crearán en torno a 210 postos de traballo directo no municipio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?