Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dispoñible para descarga a biografía de mulleres galegas sobranceiras impulsada polo CCG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dispoñible para descarga a biografía de mulleres galegas sobranceiras impulsada polo CCG

S. P.
Publicado: 18/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20231218_present_40mullerestecendoxuntas_soledadagra_rosarioalvarez_carmeadan_dsc06010.jpgO Álbum de Mulleres, a enciclopedia online de galegas sobranceiras impulsada polo Consello da Cultura Galega, están na cerna dunha nova publicación lanzada polo CCG. Trátase da obra Corenta mulleres tecendo xuntas, que nos achega á vida e ás contribucións de mulleres como Constanza de Castro, a filla rebelde do mariscal Pardo de Cela; a modista e emprendedora Rosalía Mera; a cantante María Valverde, ou a futbolista Irene González Basanta. Así ata un total de 40 biografías.
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; a deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Soledad Agra, e mais Carme Adán, coordinadora do libro xunto con Montse Fajardo, presentaron este luns 18 de decembro a iniciativa. A obra, editada grazas a un convenio entre o CCG e a Deputación da Coruña, xa está dispoñible para a súa descarga.
“Decidimos escolmar corenta mulleres, unha por cada ano do Consello da Cultura Galega. É unha celebración para pechar este ano lembrando que a cultura galega sempre tivo mulleres, aínda que moitas veces temos que rabuñar para atopalas e ver as súas pegadas”, explicou Carme Adán durante a presentación.
Pola súa banda, a deputada Soledad Agra destacou que “neste libro hai un compendio de igualdade e lingua, dúas áreas fundamentais para seguir sacando da invisibilidade todas as referencias femininas que temos en Galicia e que non estiveron nos libros de texto da nosa literatura e da nosa historia”.
Montse Fajardo indicou que “optamos por aqueles nomes, de distintas épocas e temáticas, que puidesen ser máis descoñecidos ou, tamén, que ficasen inxustamente ligados á parcial etiqueta de esposas ou ex-esposas de”.
A obra inclúe corenta figuras, como Olga Gallego, que recompilou as vivencias das ourensás do Antigo Réxime; María Reguera, afeccionada á paleografía e firme defensora das mulleres no ensino, ou Teresa Vaamonde, que ingresou no corpo arquivístico durante a II República e, logo, durante a ditadura, viuse obrigada a renunciar ás súas ideas para non ter que abandonar o seu traballo. Réndese tamén homenaxe a figuras pouco coñecidas como Nicolasa Añón, campesiña analfabeta que chegou a ver recollidos os seus versos nun libro; Clara Corral Aller, poeta que publicou en galego no século XIX, ou Emilia Calé, que nese mesmo século foi xornalista.
Así mesmo, no libro recóllense as biografías de pioneiras nas artes plásticas, como Dolores Rodeiro, tallista de imaxes relixiosas en madeira e primeira muller que obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña en 1881. Hai tamén deportistas, como a futbolista Irene González Basanta, precursora na práctica do fútbol non só en Galicia, senón no mundo durante os anos vinte. Outra pioneira que se recolle nesta publicación foi Constanza de Castro, que en pleno século XV, cando nin América existía aínda para Europa, logrou exercer un importante dereito para as mulleres: a disolución do seu primeiro matrimonio.
Todas as biografías que se inclúen nesta publicación forman parte do Álbum de Mulleres, que hoxe está incorporado no Álbum de Galicia, e reprodúcense íntegras no libro impreso, que inclúe tamén un código QR co fin de facilitar o acceso ao repositorio web para consultar documentos, ligazóns, vídeos e outros materiais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?