Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Premios Igualdade de Xénero recoñecen o labor das nosas novas creadoras de contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Premios Igualdade de Xénero recoñecen o labor das nosas novas creadoras de contidos

S. P.
Publicado: 18/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

soledad_agra_entrega_premios_deputacion.jpgO MUNCYT da Coruña acolleu este sábado a entrega dos Premios Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña. A deputada de Outes Soledad Agra, fixo entrega dos galardóns ás persoas e centros educativos premiados nas diferentes categorías dos certames que organiza a Área de Igualdade da entidade provincial, repartíronse un total de 117.200€. O acto contou tamén coa intervención poética de Aldao Lado.
O Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero repartiu 15.000€ entre o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Outes na modalidade de educación infantil; o Colexio de Educación Infantil e Primaria CEIP María Pita en educación primaria, e o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
O Concurso de Microvídeos De fronte á Violencia de Xénero, con premios de 1.000€, está enfocado ás violencias dixitais, premiando a rapaces/as de entre 12 e 18 que elaborasen unha pílula audiovisual con potencial para axudar á poboación adolescente a crear debate, reflexión, mobilización e cambio social sobre esta temática. As gañadoras foron Lucía García Amado e Iria Gavilanes Villar, por Detrás das túas palabras e Irene Rama Fraga e Aarón Fernández López, por Apaga o móbil, dos Tilos.
O Premio Luisa Villalta a proxectos pola Igualdade, pola súa parte, destinou 100.000€ a dez propostas que poñen en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres: Donas da súa vida, de Nuria Prieto González; Que din as Rumorosas, de María Helga Méndez García; María Barbeito: innovación e resistencia, de Artefeito Produccións; Unha música no insti, de Laura Romero Pereira; As voces das Mulleres, d” A Antena; Proxecto de investigación escénica e escritura do texto dramático Villamiseria, de María Victoria Teijeiro Álvarez; En clave de muller, de Genma María Pardo Faraldo; Cara ao exilio. Gloria Rodríguez, de La Nuestra comunicación publicitaria; Flores de ferro 2.0 de Melandrainas Creativa e A Nai de Carmen García Facorro.
E, por último, o Concurso de Viñetas Pan e Rosas, en dúas categorías, de 12 a 14 anos e de 15 a 18, con primeiro, segundo e terceiro premio en cada un, con un importe de 100€ en cómics e un iPad, para traballo arredor da conmemoración, premiou, na primeira categoría a Mago Macín; Zebrysta, do Concello da Coruña e Lorem Ipsum, do Concello de Oleiros.
As persoas e centros premiados recolleron os seus galardóns da man da deputada de igualdade nun acto que puxo en valor o traballo individual e colectivo da sociedade civil na loita contra a violencia de xénero. Soledad Agra agradeceu o labor de todos os premiados e premiadas, e fixo un chamamento xeral para a participación nas vindeiras edicións destes galardóns. No caso do Premio Luisa Villalta está aberto actualmente o prazo de presentación das propostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?