Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FEUGA organiza un encontro con Margarita Álvarez, unha das directivas máis influentes de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FEUGA organiza un encontro con Margarita Álvarez, unha das directivas máis influentes de España

S. P.
Publicado: 19/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

feuga_margarita_alvarez.jpgA Fundación FEUGA vai organizar este mércores 20 de decembro, ás 13.00 horas na súa sede de Santiago (no Campus Vida da USC), un encontro con Margarita Álvarez, considerada unha das 50 mulleres máis referenciais do ámbito español, que reflexionará sobre o talento como clave da supervivencia das organizacións.
“E se o talento oculto fose a clave da supervivencia das organizacións?”. A esa pregunta tratará de dar resposta Margarita Álvarez, que chega a Santiago de Compostela da man da Fundación Empresa-Universidade Galega. Ao encontro acudirán patróns de FEUGA e representantes da vida económica e social de Galicia. Durante a súa intervención, esta experta en liderado e xestión empresarial que profundará no futuro das organizacións. Sempre, “desde o punto de vista das persoas e o talento como clave”, adianta a relatora.
Margarita Álvarez foi nomeada pola revista Forbes como unha das 50 mulleres máis poderosas de España e foi elixida entre as 10 directivas máis influentes do país durante tres anos consecutivos. A súa carreira sempre estivo ligada a postos de alta dirección en multinacionais. É directora de Human Age Institute, unha institución dedicada á xestión da transformación social para conseguir empresas máis sustentables. Ademais, é directora executiva (CEO) de Working for Happines, unha consultora que traballa con grandes empresas en áreas de liderado, recursos humanos, comunicación, mercadotecnia, transformación reputacional e sustentabilidade. Traballou durante 15 anos en Coca-Cola, desempeñando varios cargos, entre eles o de presidenta do Instituto da Felicidade. Foi tamén directora de Marketing e Comunicación de Iberia e Latam no Grupo Adecco. Como responsable de Thought Leadership no mesmo grupo, liderou a estratexia de reputación en 62 países. É, así mesmo, fundadora do Observatorio de Innovación no Emprego e a Educación (OIEE).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?