Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME achegará servizos de asesoramento no novo Centro de Coworking de Ponteareas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME achegará servizos de asesoramento no novo Centro de Coworking de Ponteareas

S. P.
Publicado: 20/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smartpeme-16.jpgA Deputación de Pontevedra prestará servizos de asesoramento empresarial no novo Centro de Emprendemento, Dinamización Empresarial e Coworking, inaugurado esta mesma semana pola alcaldesa de Ponteareas e tamén deputada provincial, Nava Castro, e o deputado Alejandro Lorenzo, no edificio número 13 da praza Maior de Ponteareas. O asesoramento materializarase a través do programa de dixitalización e formación SmartPEME. En palabras da Deputación, o Centro de Coworking de Ponteareas é “unha oficina moderna, nun edificio que foi reformulado por completo para que a veciñanza da vila con proxectos emprendedores poida facer realidade os seus soños”.
A través da oficina SmartPEME de Ponteareas, a Deputación de Pontevedra proporcionará “información e asesoramento gratuíto a persoas autónomas, pemes e emprendedores de Ponteareas e da súa contorna”.
SmartPEME conta nestes momentos cunha rede de sete oficinas situadas, ademais de en Ponteareas, en Pontevedra, Vigo, Cambados, O Porriño, Lalín e Barro. As súas principais liñas de atención aos usuarios céntranse “na formación gratuíta en novas tecnoloxías da información, en materia de dixitalización do sector turístico a través de TurisTIC, ou en ciberseguridade, en Intelixencia Artificial e na análise de información a gran escala (Big Data) Ademais conta cun laboratorio equipado coas últimas novidades do mundo da fabricación dixital e organiza accións para fomentar o emprendemento e a competitividade como aceleradoras empresariais.
Facendo un algo de balance, dende que a institución provincial puxo en marcha o servizo, SmartPEME atendeu no conxunto da provincia de Pontevedra a 2.212 empresas, realizou 2.123 obradoiros e organizou diferentes actividades nas que participaron 22.500 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?