Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Antonio Rodríguez del Corral, reelixido presidente do Clúster TIC Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Antonio Rodríguez del Corral, reelixido presidente do Clúster TIC Galicia

S. P.
Publicado: 22/12/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cluster_tic_galicia_gb82_itwgaam27s.jpgAntonio Rodríguez del Corral resultou reelixido presidente do Clúster TIC de Galicia, en representación da empresa Cinfo, ao liderar a única candidatura presentada ás eleccións do organismo empresarial da nosa terra. Os comicios celebráronse este xoves 21 de decembro durante unha asemblea extraordinaria na que tamén se escolleu o Comité de Dirección (CODI). A nova directiva será unha directiva de continuidade respecto das liñas de actuación marcadas. Constituirá o último mandado de Rodríguez del Corral á fronte do Clúster TIC.
Así, mantense o 80% dos dezaseis membros pertencentes ao CODI saínte, resultando electas no apartado de grandes empresas TIC: Altia, Bahía, Imatia, NTT Data, R Cable, Satec, Plexus e Serviguide, e no apartado de pequenas empresas TIC: APDTIC, Bimbio, CPEIG, DataSpartan, Dos Espacios, Itelsis, Librebit e Visual Publinet.
Antonio Rodríguez del Corral comentou que o Comité de Dirección está “aberto á participación de todos os socios”, que poderán aportar as súas iniciativas ou opinións e participar nas diferentes áreas de traballo, de forma presencial ou telemática, coma na anterior etapa. “No CODI seguimos necesitando mans que se animen a liderar e supervisar proxectos, ben sexan membros electos ou non”, afirmou del Corral. Neste sentido, lembrou a “revitalización” neste ciclo dos grupos de traballo de Talento e formación, Internacionalización, Intelixencia artificial, Patrimonio dixital, Software de xestión e Comercio e turismo.
O pasado período concluíu coa inauguración en outubro do Centro de Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, “un edificio aberto a todos os socios, non só aos que dispoñen de oficinas”, lembrou o novo presidente, engadindo que “os socios poden utilizar distintos espazos para xuntanzas e eventos, a zona de showroom e demostracións, así como facer uso dos tres laboratorios de innovación e outros servizos”. Entre os fitos recentes do Clúster tamén se atopa a apertura, en maio de 2022, de Galicia TurisTIC, un espazo demostrativo de tecnoloxía para a dixitalización do sector turístico. “Ambos son proxectos tractores do Clúster cun altísimo potencial”, apuntou o presidente.
Tamén se fixo un importante esforzo pola xeración de talento tecnolóxico adaptado aos perfís que demanda o sector coa aposta en marcha dun programa formativo, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en 2022 e 2023. A través deste convenio, o Clúster impartiu 266 cursos a máis de 5.350 alumnos. Este programa continuará en 2024 con novas formacións axustadas ás necesidades de talento das empresas socias.
Ademais, lanzouse a primeira edición do programa Tech Angels, unha iniciativa impulsada polo Clúster TIC co apoio da AMTEGA e o IGAPE para poñer en contacto a emprendedores e startups con socios da entidade para impulsar os seus negocios a través da incorporación de tecnoloxías complexas. A convocatoria pechouse o pasado 15 de decembro e actualmente atópase en proceso de revisión dos proxectos presentados, que se darán a coñecer no vindeiro mes de xaneiro.
Nesta nova etapa, Rodríguez del Corral e o seu novo equipo, avogan por aproveitar as liñas de traballo xa consolidadas para “dar ao Clúster un novo pulo”, materializando un programa ambicioso centrado en afianzar o sector das TIC como referente en Galicia. “Cremos que neste novo ciclo podemos dispoñer dun Plan Industrial das TIC de Galicia, xa que somos un dos sectores clave para o futuro da comunidade”, sinalou o presidente do Clúster TIC Galicia, quen engadiu: “Somos un referente empresarial de consulta de órganos autonómicos para a toma de decisións relacionadas coas TIC, xeramos emprego de calidade e, con apoio, podemos xerar moitos máis postos de traballo”. Con este obxectivo, impulsarase a colaboración público-privada a través de entidades como o laboratorio de ideas Impulsa Galicia, co que o Clúster TIC Galicia acordou traballar na identificación de oportunidades para promover proxectos innovadores na comunidade, ou o plan Stellae 5.0 para a universalización e a preservación do patrimonio cultural, especialmente o vinculado ao Camiño de Santiago, a través da súa dixitalización.
Actualmente, o Clúster TIC Galicia está conformado por 136 socios, entre grandes empresas (24), pequenas empresas (108) e centros tecnolóxicos, colexios e asociacións profesionais (4), que supoñen unha facturación conxunta de máis de mil millóns de euros e ao redor de 13.000 traballadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?