Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Apalpador pide á Xunta que este sexa o derradeiro Nadal sen programación infantil e xuvenil en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Apalpador pide á Xunta que este sexa o derradeiro Nadal sen programación infantil e xuvenil en galego

S. P.
Publicado: 22/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231222_apalpador01.jpgA Mesa pola Normalización Lingüística celebrou este 22 de decembro, na praza do Obradoiro de Santiago, un acto festivo no que o Apalpador e un grupo de crianzas lle pediron ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que este sexa “o derradeiro Nadal sen programación infantil e xuvenil en galego”. A petición forma parte dunha campaña de mobilización na Rede á que podemos adherirnos a través da web da Mesa.
O Apalpador lamentou este venres en Santiago non poder agasallar as crianzas galegas a Canle Xabarín que lle piden cada ano, debido, dixo, “ao incumprimento da Iniciativa Xabarín que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego en maio de 2021, despois de meses sumando o apoio de ducias de colectivos e de máis de 33.000 persoas”. E engadiu: “Mentres non se cumpra o acordo parlamentar promovido pola Mesa, con amplo apoio social, a nenez e a mocidade galegas seguirán sen poder gozar con programación audiovisual na súa lingua, en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais”.
20231222_apalpador07.jpgO presidente da asociación en defensa da lingua, Marcos Maceira, recordou que “a programación infantil e xuvenil en galego é apenas o 0,83% da dispoñible nas operadoras de televisión e que a TVG reduciu o espazo reservado a esta programación na segunda canle, mentres que o galego está dispoñible no 0% das emisións na canle temática Clan, de TVE”. E engadiu: “É lamentable que haxa que reaxir para se cumprir a lei e os acordos unánimes do Parlamento galego, mais as fobia ao galego de Alfonso Rueda non pode estar por riba da demanda cidadá de que a TVG impulse a oferta en galego para nenos e nenas. Estase a impedir que a infancia e a mocidade galegas teñan unha mínima posibilidade de acceso a contidos audiovisuais televisivos orientados a elas. Para iso, o presidente Rueda non dubida en boicotar directamente unha decisión do Parlamento sobre a TVG”. Maceira concluíu sinalando que “os poderes públicos teñen obriga de promoción do galego e as televisións públicas teñen que estar ao servizo da sociedade, tanto a TVG como TVE deben favorecer o acceso das crianzas á súa lingua. Xa abonda de incumprir todos os acordos e leis favorables ao idioma de Galiza”.
O acto no Obradoiro rematou cun concerto de Roberto Sobrado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?