Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra contrata por 210.000 euros a plataforma de formación do hub contra a soidade non desexada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra contrata por 210.000 euros a plataforma de formación do hub contra a soidade non desexada

S. P.
Publicado: 22/12/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hub-fenda-dixital-900x600-sin.jpgA xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicou por 208.504 euros a implantación e o desenvolvemento dunha plataforma de formación dentro do proxecto Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra, co-financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e que se desenvolve nos concellos da Illa de Arousa, As Neves, Cuntis, Forcarei e Moraña.
A empresa encargada de subministrar, instalar, conectar e pór en marcha a mencionada plataforma tamén deberá desenvolver cinco aulas virtuais, unha por cada un dos concellos participantes, así como dotalos do equipamento necesario para retransmitir e gravar os eventos formativos. Ademais, deberá levar a cabo unha diagnose de Administración Electrónica dos concellos, para elaborar así un libro branco dos servizos electrónicos municipais e crear unha experiencia formativa interactiva que mostre as capacidades que ofrece a plataforma.
O obxectivo deste proxecto é “rematar coa fenda que supón a dixitalización, particularmente entre persoas maiores”. Búscase mellorar a súa autonomía e calidade de vida, así como un maior apoderamento na súa relación coa Administración, mantemento de relacións e contactos sociais; acceso á telemedicina e a teleasistencia etc.
Ademais de desenvolver a plataforma, o proxecto tamén contempla unha serie de cursos de formación a persoas maiores de 50 anos dos cinco concellos para capacitalos en competencias dixitais, co fin de que poidan tamén xerar contidos audiovisuais e facilitar as súas relacións coas administracións públicas e a alfabetización dixital. Serán sete accións formativas que versarán sobre a Administración Electrónica, o SERGAS en liña, a banca móbil, as redes sociais ou a creación de vídeos, e para as que as e os participantes aínda poden inscribirse ata o 31 de xaneiro de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?