Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense pon en marcha un sistema pioneiro de voz contra a exclusión dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense pon en marcha un sistema pioneiro de voz contra a exclusión dixital

S. P.
Publicado: 26/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

231220_web_administracion_voz_3.jpgA Deputación de Ourense habilitou un sistema pioneiro en Galicia contra a inclusión dixital coa administración por voz. O sistema, abeirado ao Programa ChegOU, está dispoñible para que a cidadanía presente as solicitudes para beneficiarse del. “Estreamos un novo sistema onde a voz de cada persoa será o método de sinatura dos seus trámites administrativos, contribuíndo a lograr que ninguén quede atrás no ámbito tecnolóxico mediante un sistema pioneiro, moderno e útil”, explicou o presidente provincial, Luis Menor, engadindo que desde xaneiro de 2024 todos os programas da área de Benestar poderán ser solicitados con este sistema, tal e como anunciou Menor, tras realizar unha simulación en directo do funcionamento desta nova canle.
O director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, destacou “a innovación social que representa este sistema”. Ata hoxe, dixo, existían catro vías de atención: 100% dixital; presencial para cidadáns con fenda dixital severa; e híbrida (dixital e presencial).
Na presentación desta nova canle administrativa participaron o presidente provincial, Luis Menor; a deputada de Benestar Social, Patricia Torres; e o director da área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira, que fixeron unha demostración práctica deste novo sistema que utiliza a voz da persoa usuaria como a súa “sinatura biométrica vocal”. De feito, o propio Menor Pérez realizou unha simulación en directo para amosar os pasos e mecanismos implantados con este sistema, para o “que só é necesario contar cun teléfono móbil con Whastapp ou correo electrónico, aplicacións que dan entrada á tramitación e que recibe ao final o xustificante de presentación do trámite realizado”.
Con este novo método, explicaron, as persoas que non dispoñen de medios ou de coñecementos tecnolóxicos -ou na meirande parte dos casos, que non teñen certificado dixital-, poderán obter o mesmo dereito que os cidadáns dixitais, cos mesmos prazos e menor carga administrativa.
Pasos a dar
As persoas que queiran solicitar o Programa ChegOU a través da administración por voz, poderán chamar ao 988 317 766 e fixar unha cita. Recibirán un correo electrónico e a través de Whatsapp unha ligazón para ser atendido o día e a hora que solicitasen. O día e hora da cita deberá facer clic na ligazón que reciba para ser atendido a través do móbil ou PC por un empregado público que cubrirá a solicitude en liña. Unha vez terminada poderá visualizala no dispositivo e asinala coa voz, que será a sinatura biométrica vogal que quedará anexa á solicitude, sendo presentada ante o rexistro electrónico a través dun funcionario habilitado. No mesmo día, en correo e por Whatssapp recibirá a solicitude rexistrada.
No prazo máximo de sete días hábiles (no caso de que cumpran os requisitos solicitados para a concesión da axuda) a persoa recibirá no seu domicilio unha tarxeta prepago coa axuda que lle corresponda para ser empregada en gasto sosiosanitario nas farmacias da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?