Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preséntase a terceira edición da xornada de innovación InnovAmes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preséntase a terceira edición da xornada de innovación InnovAmes

S. P.
Publicado: 18/01/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ames_innovames1.jpgO Concello de Ames presentou a terceira edición de InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas locais que está prevista para o 26 de xaneiro no Pavillón Polideportivo do Milladoiro e que atraerá a empresas referentes en innovación afincadas no termo municipal. O obxectivo deste evento é “poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando as a colaboración entre empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames”, informouse, dando conta do programa de actividades (que figura polo miúdo na web do encontro).
O espazo de coworking A Proa do Milladoiro acolleu a presentación da III Xornada InnovAmes. Asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; unha das organizadoras do evento, Rebeca Mariño, de Designthinking.gal; a representante de Mirabelle Comunicación, Rocío González; a vicedirectora do IES do Milladoiro; e representantes das empresas Sistemius, Codery, Indígena Films, Temporit e Serea Films, así como da Asociación de empresarios Novo Milladoiro.
A xornada InnovAmes é un evento para todos os públicos que busca xerar un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, no que as empresas do concello de Ames acheguen as últimas tendencias en innovación e xeren sinerxías que dean lugar a novos proxectos e oportunidades empresariais. Nel tamén participarán varios centros educativos amesás como son o IES de Ames, o IES de Milladoiro, o CEIP Agro do Muíño e o CEIP de Barouta. Estes tres últimos contarán co seu propio stand no evento.
O alcalde de Ames, Blas García, expuxo os motivos polos que o InnovAmes se celebra no Milladoiro: “o Polígono Novo Milladoiro é un polo tecnolóxico e innovador non só no noso concello, senón tamén en Galicia e España”. Ademais, destacou que a finalidade deste evento non é só poñer en valor o talento e a capacidade das empresas amesás, senón tamén “implicar ás novas xeracións no crecemento do tecido empresarial do concello”.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, foi a encargada de abrir a presentacións, explicando que a axenda deste ano “pretende reunir empresas para compartir novidades e proxectos nos seus sectores, e facilitar a comunicación con escolas e universidades para fomentar as inquedanzas pola innovación”.
Pola súa banda, Carmen Porto, concelleira de Mocidade, explicou que o InnovAmes contará con stands de tres centros educativos (o CEIP Agro do Muíño, con 67 nenos e nenas; o CEIP de Barouta, con 55; e o IES do Milladoiro, con 20) e coa visita do alumnado do IES de Ames. Destacou que para o Concello de Ames é “un pracer que os centros educativos inclúan este evento na súa programación anual, xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo entre empresas e alumnado para dar pé a novos proxectos”.
Con respecto ás empresas organizadoras do InnovAmes, a representante de Mirabelle Comunicación, Rocío González, subliñou que iniciativas como esta serven para “dar visibilidade á variedade de servizos e posibilidades de continuidade e desenvolvemento empresarial que existen dentro do noso concello”.
O groso da programación está conformado por charlas e mesas de debate sobre cuestións como a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual ou o emprego de novos materiais. Así mesmo, haberá catro grandes mesas de debate sobre a IA (Intelixencia Artificial) desde distintos puntos de vista, como a educación ou o comercio electrónico.
Os escolares e representantes das empresas afincadas en Ames poderán escoitar a figuras como Olga Osorio (directora de cinema, xornalista, profesora e fotógrafa) ou Simón Casal de Miguel (guionista, director e montador). Ademais, tamén poderán participar en diversos obradoiros nos que, entre outras cousas, poderán aprender a distinguir textos xerados pola IA de textos escritos por humanos. Durante o descanso da mañá poderán achegarse á mesa saudable para probar os iogures de CLUN Feiraco.
Tamén haberá un espazo de exposición no que os asistentes poderán coñecer de primeira man estes proxectos e outros exemplos innovadores nos que traballan as empresas do concello de Ames, así como os proxectos presentados polos centros educativos.
O evento completarase cunha sesión de tarde, dirixida ás empresas e ao público interesado, na que se poderá escoitar a Iria Rodríguez, directora do departamento de I+D de Teimas; ou a Román López, director de Proxectos Internacionais, Intelixencia Artificial e Computación na Nube en Bahia Software. Tamén se coñecerán os proxectos presentados polas empresas amesás e farase entrega dos premios aos/ás gañadores/as. Así mesmo, o público poderá asistir a diversos obradoiros durante a tarde e, como punto final da xornada, gozarase dunha actuación musical a cargo de María Iglesias e duns petiscos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?