Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tecnópole aposta pola mobilidade limpa e o teletraballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tecnópole aposta pola mobilidade limpa e o teletraballo

S. P.
Publicado: 06/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole_vista_aerea-4.jpgCoincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) vén de publicar na Rede unha Guía de Boas Prácticas Ambientais dirixida ás súas empresas. Esta iniciativa enmárcase dentro da preocupación do Parque por mellorar a sustentabilidade e reducir a pegada de carbono, para o que creou a marca Tecnópole en Verde, xunto á súa recente adhesión ao Pacto Mundial da ONU. Como complemento a esta guía, elaboráronse uns carteis destinados a concienciar sobre a responsabilidade ambiental desde o eido empresarial.
“Para cumprir cos obxectivos climáticos do mundo, tanto as persoas como as empresas deben lograr unha redución significativa das emisións de carbono. Con este propósito elaboramos esta guía, que recolle as pautas de comportamento ambiental para Tecnópole con catro liñas de medidas: de sensibilización, de aprovisionamento, de aforro de recursos e de reciclaxe”, indicou o director do Parque, Javier Taibo, engadindo que a iniciativa pon de relevo a importancia de que as empresas minimicen o seu impacto sobre o medio. “Queremos concienciar e implicar tanto aos traballadores e traballadoras como ás empresas cunha imaxe responsable e comprometida”, salientou.
Respecto ás medidas de sensibilización, nesta guía recoméndase que cada empresa calcule a súa pegada de carbono, co fin de identificar as fontes de emisión de gases de efecto invernadoiro e establecer hábitos de aforro máis eficientes e sostibles. Tamén se suxire implementar a Regra das 3R (Reduce, Reutiliza, Recicla) nas accións cotiás para establecer un modelo de consumo responsable moito menos contaminante e máis eficiente. Resáltase a importancia de incorporar cambios como controlar o lixo dixital, apagar os equipos electrónicos cando non se usen, mercar produtos próximos, favorecer a comunicación a través de medios electrónicos, limpar os filtros de saída de aire, illar termicamente algunha instalación ou facer mantemento de equipos de aire acondicionado. Destácase así mesmo a relevancia da mobilidade sostible, lembrando que “cada litro consumido de gasóleo emite uns 2,5 kg de CO2”. E apóiase o teletraballo como medida eficiente.
En canto ás medidas de aprovisionamento, na guía indícase que, á hora de adquirir subministracións ou servizos, cómpre ter en conta o respecto ao medio, utilizando fontes de enerxía renovables.
No relativo ao consumo de enerxía e auga, como principais causantes da pegada de carbono, recoméndase aproveitar ao máximo a luz natural, limpar asiduamente os sistemas de iluminación, mellorar o sistema eléctrico (fluorescentes máis eficientes, reguladores de intensidade de luz…) para reducir o consumo de electricidade, empregar papel reciclado e cartuchos de tóner reutilizados… En canto aos equipos informáticos, proponse que sexan enerxeticamente eficientes, configurando o modo de aforro de enerxía, apagalos en períodos de inactividade superiores a unha hora… Tamén se aconsella pechar os radiadores das salas desocupadas, entre outras suxestións.
Respecto ás medidas de reciclaxe, no caso do vidro, asegúrase que “coa enerxía aforrada grazas á reciclaxe de 10 botellas de vidro pódese, por exemplo, poñer 6 lavadoras dunha familia de 4 membros ou cargar o móbil durante 300 días. E o CO2 que evitamos emitir á atmosfera equivale a 15 km de traxecto en coche”.
En canto ao plástico, lémbrase que hai 50 anos cada habitante consumía 300 gr ao ano, mentres que na actualidade a cifra ascende aos 120 kg, tendo en conta ademais que boa parte dos residuos que se xeran acaban nos fondos oceánicos (uns 8 millóns de toneladas ao ano).
No caso do papel, ponse de relevo que as fibras de papel pódense reutilizar ata 7 veces sen que diminúa a súa calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?